Volve a maior actividade de Normalización Lingüística a Pontevedra, o Correlingua

A xornada do luns ofertará varias opcións lúdicas

Cartaz do Correlingua 2024

Cartaz do Correlingua 2024 / correlingua.gal

Gala Dacosta

Gala Dacosta

Baixo o lema “Dende aquí e acolá, galego xa!”, a máis que consolidada acción de normalización lingüística Correlingua, que conta coa axuda da CIG-Ensino, así como da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación Socio-Pedagóxica Galega dará comezo o luns, día 27, pola cidade.

“A escola debería un axente galeguizador”, recordou o edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, na presentación desta xornada no Concello. Tamén lembrou que as actividades do programa municipal Maio, mes da lingua van da man dos colectivos e das asociacións preocupadas pola lingua. O representante da CIG Ensino, Xacobe Rodríguez, explicou que o Correlingua é a maior actividade de Normalización Lingüística que existe na comunidade e que leva xa 24 anos facéndose, sendo unha cita “totalmente consolidada”.

O edil Demetrio Gómez, Isolina Couso e Xacobe Rodríguez.  | // FDV

O edil Demetrio Gómez, Isolina Couso e Xacobe Rodríguez. / FDV

De feito, xa suma máis de 20.000 participantes en toda Galicia, máis de 1.200 só en Pontevedra. “Alén da festa que teremos o luns, queremos lembrar que antes da festa houbo moitas actividades previas sobre a lingua, o Correlingua dura todo o ano escolar” e involucra a “escritores, artistas, músicos e profesorado, por suposto”.

A festa do Correlingua deste luns incluirá o certame do Cantalingua, un concurso no que participan bandas profesionais e amateur, para o cal o único requisito é que canten na lingua propia. Por último, Gómez lembrou que “estamos nun intre no que xa se recoñece onde hai máis nenos e nenas que falan castelán que galego. É un momento crítico. É preciso que haxa actividades que tiren da xente nova, que tiren da lingua e que novas persoas se acheguen ao idioma”, incidiu.