Estudo Bonobo, CIM de Marín, Club Ciclista Farto e Forestalis, premiados por Femupo

Os galardóns serán entregados en Pontevedra

A.L.

A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) organiza a cerimonia de entrega dos Premios Mulleres Femupo 2024, un evento destinado a recoñecer e visibilizar o traballo a favor da igualdade de xénero. Será o vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 21 horas no Bizarro Club Naval de Pontevedra.

“Estes premios destacan a contribución significativa de persoas e entidades en distintos ámbitos, rompendo estereotipos de xénero e promovendo a igualdade na provincia de Pontevedra”, destacan dende Femupo.

As galardoadas deste ano nos diferentes ámbitos son no ámbito empresarial: Forestalis, polo seu compromiso co empoderamento feminino.

Na categoría deportiva: Club Ciclista Farto, polo seu labor na promoción do deporte feminino.

No ámbito da Administración: o Centro de Información á Muller (CIM) de Marín, polo seu “incansable traballo no apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero”.

No ámbito cultural se recoñece ao Estudo Bonobo, pola súa aposta na cultura “como medio para a igualdade de xénero”.

A cerimonia contará coa presenza das galardoadas, representantes de Fempuo, membros destacados da comunidade e medios de comunicación, “nunha noite dedicada a celebrar os logros na loita pola igualdade”, destacan dende a federación, composta por asociacións destinadas a traballar polaigualdade e contra a violencia de xénero.