A Transgalaica 2024 comeza hoxe con medio milleiro de ciclistas na etapa de Carballedo

Unha proba anterior.  | // FDV

Unha proba anterior. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Medio milleiro de ciclistas de montaña danse cita hoxe no Chan de Carballedo para participar na proba inaugural do circuito de bicicleta de montaña BTT na modalidade de maraton XIV Transgalaica 2024 que se desenvolve por un circuito no que haberá que cumprimentar 62 quilómetros por un trazado que discurrirá polas comunidades de montes de Carballedo, Santa Maria de Sacos, San Xurxo de Sacos, Viascon, Tenorio, Rebordelo e Borela.

A Transgalaica 2024 é o circuíto de BTT máis importante do noroeste peninsular e conta coa participación dos mellores corredores galegos da modalidade así como outros procedentes de Asturias, Castela e León e de Portugal. Ademais do concello de Cerdedo-Cotobade as outras sedes do circuíto serán Ames, Friol, Silleda e Manzaneda.

Esta proba, que conta coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Ciclismo, discorrerá por un circuíto moi esixente e formado polas pistas de terra dos montes da contorna de Carballedo cunha lonxitude uns 31 quilómetros que se terán que cubrir en dúas voltas ata conformar uns 62 totais.

A carreira arrancá ás 9.30 horas e salvará un desnivel acumulado duns 1.500 metros, sendo o observatorio, a 650 metros de altura, o punto máis elevado que terár que afrontar os ciclistas. A chegada estímase que se producirá, no caso do gañador, sobre ás 12.30 horas ao centro de Carballedo e a entrega de premios está fixada para as 13.30 horas.

O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu á organización que volveran contar con Cerdedo-Cotobade como lugar de saída desta nova edición da Transgalaica e salientou o feito de que “o noso concello se estea a caracterizar nos últimos tempos como o lugar escollido para celebrar probas de alto nivel deportivo o que fala en boa medida do copromiso, profesionalidade e capacidade organizativa dos nosos técnicos e dos medios que poñemos ao alcance dos organizadores”.

Cubela sinalou tamén a importancia que teñen tamén estas probas deportivas desde o punto de vista da dinamización económica e turística do municipio.