Denuncian que “chove dentro do centro de saúde de Seixo e non é de agora”

Veciños que acudiron ao pleno. |   // FDV

Veciños que acudiron ao pleno. | // FDV

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín denunciou que “chove dentro das instalacións de Seixo e non é de agora. A pesar de estar rexistrada cada incidencia, a Xunta non fixo nada, nin hai partida para arranxar o tellado nos orzamentos de 2024”. O asunto foi debatido no último pleno municipal e a portavoz da plataforma, Iría Aboi lamentou que “a alcaldesa dixese que non sabe nada, que non é da súa competencia”. Un grupo de veciños achegouse ao pleno, no que o PP votou en contra dunha moción en demanda de melloras na sanidade pública en Marín.