O Museo repasa os casos de incautación de obras de arte na guerra e na posguerra

Acolle unha conferencia de Arturo Colorado

Gala Dacosta

O catedrático e profesor emérito de Arte e Comunicación da Universidad Complutense de Madrid, Arturo Colorado, impartirá a conferencia “Patrimonio en tempos de guerra e posguerra. Incautacións e diáspora” este xoves ás 19.00 horas da tarde no Museo de Pontevedra. Ao longo da súa intervención abordará dous periodos da historia da arte contemporánea de España, dende a creación da Junta del Tesoro Artístico durante a República ata a desviación de cantidade de obras durante o franquismo, que Colorado equipara co caso dos nazis. Do total de 17.000 pezas das que se puido facer seguemento, non todas foron devoltas aos seus propietarios, pois moitas se desviaron a outros destinatarios. O catedrático analizará na conferencia os casos de espolio, diáspora e mesmo desaparición de numerosas pezas de arte, así como a confiscación de patrimonio a exiliados republicanos.

Colorado é doutor pola Universidad de Alcalá de Henares, foi investigador visitante na University of California e na do Río de Janeiro. É experto en Arte, Patrimonio Cultural,Hipermedia e Cultura Dixital. É autor de varios libros e máis dirixiu ademais varios grupos de investigación na Complutense, e comisariou exposicións como “Arte salvado. 70 años del salvamento del patrimonio artístico español y de la intervención internacional, que tivo lugar no Museo del Prado.