Novos informes dos veciños do Monte Acibal contra o parque eólico

Expertos en dafoloxía da Universidade de Santiago indican que a zona das Brañas de Amil, no Acibal, e parte da súa contorna son en realidade turbeiras, un hábitat protexido pola Unión Europea. Os veciños remitiron este informe ao Concello de Pontevedra e ás distintas administración, “pois non se tivo en conta na Declaración de Impacto Ambiental” do parque eólico que se fai na zona, según denuncian veciños de Amil, Campo Lameiro e Xeve.