O PSOE de Poio insta á Xunta a mellorar o servizo de transporte público con máis frecuencias e horarios

O voceiro do PSdeG-PSOE en Poio, Gregorio Agís, insta á Xunta a “asuma as súas competencias” e mellore e incremente as frecuencias e horarios en Poio, “dando así cumprimento á moción presentada polo PSOE e Avante Poio e aprobada por toda a corporación municipal no pleno de decembro”. A moción aprobada por unanimidade solicita máis frecuencias, que se cumpran os horarios e tamén que se incremente a información para usuarios, ademais de dar solución aos problemas que se detectan habitualmente no transporte escolar”.