Medio Rural aproba a concentración parcelaria de Briallos, en Portas, que afecta a 713 propietarios

Asistentes á reunión de onte en Portas. |   // FDV

Asistentes á reunión de onte en Portas. | // FDV

A Consellería do Medio Rural informou onte da aprobación do Acordo reestruturación parcelaria da Zona de Concentración de Briallos, no Concello de Portas, nun encontro celebrado cos 713 propietarios beneficiarios de dito proceso na antiga Azucreira. Na reunión explicouse que nos vindeiros días os propietarios comezarán a recibir as notificacións individuais das fincas resultantes que se lles adxudican a cada un deles e da apertura do proceso de exposición pública.