Síguenos en redes sociales:

Tanxugueiras, por fin xuntas en Benidorm: "Esta noite hai foliada!"

Olaia Maneiro viaxou este mércores en avión á cidade alacantina e onde xa se uniu a Aida e Sabela para participar esta noite nas semifináis do festival que dará o pase a Eurovisión

Tanxugueiras, por fin xuntas en Benidorm: "Esta noite hai foliada!"Instagram Tanxugueiras

Non hai dúas sen tres. Por fin, a terceiracompoñente de Tanxugueirasxa está en Benidorm, tras unha expedición desde Galicia que se repartiu en varias xornadas ao longo desta semana, por mor dos positivos COVID das cantareiras. A cousa foi por quendas, e nesta última, a xemelga que faltaba para que o trío poida poñer os seus aturuxos sobre o escenario do Benidorm Fest, tranquilizou a todos os seus siareiros a media mañá cunha foto que subiu ás 'stories' do perfil da banda galega en Instagram, dende o avión no que xa viaxa Olaia Maneiro. "Compañeiriña leal, esta noite hai foliada!", comentaba a pandereteira galega na súa 'storie', mentres amosa o sinal de triunfo coa sua man.

Olaia Maneiro amosa o sinal de triunfo dende o avión que lle leva a Benidorm.

Horas despóís, xa en terra, o grupo compartía, tamén na súa conta desta rede social, as fotos das tres xuntas.Tanxugueiras por fin ao completo! , dicía este feed de Instagram.

Na cidade alacantina, onde esperaban Aída e Sabela e o resto do equipo xa fixeron as primeiras probas para a actuación. Todos agardan o directo de "Terra" con ansiedade, xa que pola forza que ten este tema, se lle presupone unha posta en escena espectacular. Neste senso, a escenografía correspóndelle á viguesa Laura Iturralde, quen o ano pasado conseguiu o premio da Asociación de Directores de Escena na categoría de mellor iluminación na obra teatral “Fariña”. Tanxugueiras estarán acompañadas por varios artistas galegos e galegas como Iago Pico, coautor de “Terra”, que tamén actuará na percusión electrónica.

FARO únese ao colectivo 'tanxufan'

Os apoios para Aída, Sabela e Olaia chegan dende todos os países do mundo, nun fenómeno tanxufan ao que tamén quere unirse o persoal do diario decano da prensa nacional. Así, desde a azotea da súas instalacións situadas na parroquia de Chapela (Redondela), coa ría de Vigo de fondo e baixo unha pancarta de alento, membros de Faro de Vigo amosamos, cun vídeo, todo o noso apoio a Tanxugueiras para que "Terra" dea o seu primeiro paso esta noite no Benidorm Fest, nese camiño cara Eurovisión.

This browser does not support the video element.

Para FARO tampouco hai fronteiras!FDV

Como votar polo grupo?

Quen queira apoiar a Tanxugueiras mércores e sábado –de pasaren á final– deben seguir o programa televisivo que RTVE ofrecerá hoxe, a partir das 22.40 horas. Unha vez toquen todos os artistas participantes (o grupo galego actuará en quinto lugar), os presentadores da gala, Alaska, Máximo Huerta e Inés Hernanz, anunciarán a apertura das liñas para que os espectadores (o voto do público supón o 25% dos puntos que determinarán o gañador) elixan mediante chamada telefónica e SMS. Darán entre 15 e 20 minutos para a votación. Unha vez se pechen as liñas, iniciarán o reconto dos votos.

Pulsa para ver más contenido para ti