Tanxugueiras, por fin xuntas en Benidorm: "Esta noite hai foliada!"
Olaia Maneiro viaxou este mércores en avión á cidade alacantina e onde xa se uniu a Aida e Sabela para participar esta noite nas semifináis do festival que dará o pase a Eurovisión

Sabela, Olaia e Antia, xuntas en Benidorm. / Instagram Tanxugueiras
Non hai dúas sen tres. Por fin, a terceira compoñente de Tanxugueiras xa está en Benidorm, tras unha expedición desde Galicia que se repartiu en varias xornadas ao longo desta semana, por mor dos positivos COVID das cantareiras. A cousa foi por quendas, e nesta última, a xemelga que faltaba para que o trío poida poñer os seus aturuxos sobre o escenario do Benidorm Fest, tranquilizou a todos os seus siareiros a media mañá cunha foto que subiu ás 'stories' do perfil da banda galega en Instagram, dende o avión no que xa viaxa Olaia Maneiro. "Compañeiriña leal, esta noite hai foliada!", comentaba a pandereteira galega na súa 'storie', mentres amosa o sinal de triunfo coa sua man.

Olaia Maneiro amosa o sinal de triunfo dende o avión que lle leva a Benidorm. / Instagram Tanxugueiras
Horas despóís, xa en terra, o grupo compartía, tamén na súa conta desta rede social, as fotos das tres xuntas. Tanxugueiras por fin ao completo! , dicía este feed de Instagram.
Na cidade alacantina, onde esperaban Aída e Sabela e o resto do equipo xa fixeron as primeiras probas para a actuación. Todos agardan o directo de "Terra" con ansiedade, xa que pola forza que ten este tema, se lle presupone unha posta en escena espectacular. Neste senso, a escenografía correspóndelle á viguesa Laura Iturralde, quen o ano pasado conseguiu o premio da Asociación de Directores de Escena na categoría de mellor iluminación na obra teatral “Fariña”. Tanxugueiras estarán acompañadas por varios artistas galegos e galegas como Iago Pico, coautor de “Terra”, que tamén actuará na percusión electrónica.
FARO únese ao colectivo 'tanxufan'
Os apoios para Aída, Sabela e Olaia chegan dende todos os países do mundo, nun fenómeno tanxufan ao que tamén quere unirse o persoal do diario decano da prensa nacional. Así, desde a azotea da súas instalacións situadas na parroquia de Chapela (Redondela), coa ría de Vigo de fondo e baixo unha pancarta de alento, membros de Faro de Vigo amosamos, cun vídeo, todo o noso apoio a Tanxugueiras para que "Terra" dea o seu primeiro paso esta noite no Benidorm Fest, nese camiño cara Eurovisión.

FDV
Como votar polo grupo?
Quen queira apoiar a Tanxugueiras mércores e sábado –de pasaren á final– deben seguir o programa televisivo que RTVE ofrecerá hoxe, a partir das 22.40 horas. Unha vez toquen todos os artistas participantes (o grupo galego actuará en quinto lugar), os presentadores da gala, Alaska, Máximo Huerta e Inés Hernanz, anunciarán a apertura das liñas para que os espectadores (o voto do público supón o 25% dos puntos que determinarán o gañador) elixan mediante chamada telefónica e SMS. Darán entre 15 e 20 minutos para a votación. Unha vez se pechen as liñas, iniciarán o reconto dos votos.
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- «Nadie cuestiona que una persona con hipertensión se medique, pero sí que lo haga una con depresión»
- Portazo al trabajo por la tarde
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Muere en León un escalador vigués donde años atrás perdió a su padre
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- Una pareja y sus tres hijos evacuados en Vigo tras intoxicarse con monóxido de carbono
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años