Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O galego rexuvenece polas rúas de Bueu

Máis de 1.500 nenos e nenas participan nun multitudinario Correlingua polas rúas do municipio

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Bueu

Máis de 1.500 nenos e nenas de toda a comarca do Morrazo fixéronse oír e escoitar a través dun sonoro berro. “Queremos berrar ben alto que non nos apetece, que non nos presta e non nos peta que a nosa lingua esmoreza”, clamaron durante a celebración do Correlingua, unha actividade organizada polo sindicato CIG para visibilizar e reivindicar o uso do galego e que se celebra en maio co gallo do Día das Letras Galegas. A Praza Massó e as rúas do centro de Bueu foron unha auténtica festa pola lingua cunha marcha, obradoiros, xogos e música.

Os autobuses comezaron a chegar pouco antes das dez da mañá con alumnado de infantil e primaria chegado dende centros educativos de Bueu, Cangas e Moaña. Unha vez máis o epicentro desta xornada de festa e reivindicación foi a Praza Massó. Dende alí saiu unha marcha que percorreu as rúas Eduardo Vincenti, Montero Ríos, Johan Carballeira, José María Estévez e que estaba encabezada por un grupo de música tradicional, Os do Serán de Vilanova. Neste percorrido participou o estudantado de máis idade, mentras que os de infantil quedaron nos arredores do Concello de Bueu desfrutando de xogos tradicionais e populares xunto ao Club Corredoiras.

A Praza Massó de Bueu, onte, ateigada de nenas e nenos no Correlingua 2024.

A Praza Massó de Bueu, onte, ateigada de nenas e nenos no Correlingua 2024. / Gonzalo Núñez

Unha vez que todos os nenos e nenas voltaron á Praza Massó un grupo de estudantes dos institutos Johan Carballeira e Illa de Ons leron o manifesto deste ano para o Correlingua. Un texto que é un berro para defender e coidar a lengua propia. Porque “coidar unha lingua é como coidar unha árbore; é síntoma de intelixencia, respecto e responsabilidade. Apreciar o galego e interesarse por el só nos conecta con cousas boas”, defenderon durante a lectura dun manifesto titulado “Dende aquí até acolá, galego xa!”. Unha invitación a conservar a lingua da única forma posible: falándoa. “Por un galego falado, polo dereito a falalo sen medo, polo dereito a que se respecte. Porque exista en todas as circunstancias sen vergoña”, pedíuse onte en Bueu.

A festa do Correlingua en Bueu estivo presentada pola actriz Isabel Risco e completouse con música e rock en galego a cargo d’A Gramola Gominola, que fixo bailar e brincar aos presentes. O de onte foi o primeiro Correlingua deste ano na provincia de Pontevedra e entre os representantes institucionais estaba a concelleira de Cultura de Bueu, Carmen García. “Para nós é moi positivo que este ano viñese a Bueu pola importancia que ten que festexemos a nosa lingua”, manifestaba a concelleira ao tempo que agradecía a implicación de todos os centros educativos presentes onte na vila. E remataba cunha petición. “Isto non debería ser cousa de só un día, senón dos 365 días do ano”, concluía para animar ao uso da lingua galega.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents