Día das Letras Galegas

Concerto de canto coral das Letras Galegas en Cangas

Las integrantes del Coro María Soliña

Las integrantes del Coro María Soliña / FDV

O Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas acolle este venres un festival de música e canto coral co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que se conmemora o vindeiro 17 de maio.

O cartel para este evento inclúe as actuacións da Coral Polifónica Areas Gordas de Coiro, o Coro María Soliña –composto integramente por mulleres–, Coral Polifónica Lestonnac-Coro de Cela e o Coro Gestus Vocalis. Esta última formación está composta por integrantes que a súa vez forman parte do resto de agrupacións corais do cartel.

Este festival, organizado polo Concello de Cangas, será venres a partir das 21.00 horas e a entrada é completamente gratuita.