“A seguir construíndo a República!”

A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto celebrou o 93 aniversario da proclamación

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade.

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade. / G. Núñez

G.M.P.

“O 14 de abril de 1931 proclámase a II República Española e Cangas non é allea a este feito histórico” que A Illa dos Ratos rescatou nunha ruta guiada por lugares vencellados a ela. Teatro, lectura de poemas e ofrenda floral na Praza do Concello completaron, onte, a xornada de lembranza e reivindicación.

“Aínda soño con chegar a 2031 e celebralo nunha nova república”, confesaba, entre irónico e esperanzado, un veterano asistente aos actos que acolleu onte a Praza do Concello de Cangas organizados pola Asociación pola Memoria Histórica 28 de Agosto. Lembranza e reivindicación foron da man nunha xornada que comezou con ruta guiada polo colectivo A Illa dos Ratos para recordar lugares e protagonistas da República e completouse con poesía a cargo de Mónica Camaño, Silda Alfaro e Daniel Costas, música interpretada por Xico de Carinho e ofrenda floral coa participación da alcaldesa Araceli Gestido, a concelleira Iria Malvido e ducias de asistentes.

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade.

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade. / G. Núñez

No percorrido “republicano” falouse dos inicios e valores desa nova etapa na que se quería lograr o recoñecemento de dereitos para toda a poboación coa educación como ferramenta para mellorar a vida da xente. Explicaron como se viviron os feitos en Cangas e como foi a evolución ao longo dos anos seguintes tendo presentes figuras senlleiras con nome propio, coma os líderes sindicalistas e políticos Lorenzo Corbacho Rodal e Manuel Nores Sotelo, “Taratola”, a impulsora do sindicato feminino “A Reivindicadora” Dolores Blanco Montes ou o mestre nacional e xornalista Bernardino Graña Refojos, convertido en gran cronista local da época.

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade.

Ducias de persoas participaron na ofrenda floral na Praza do Concello, donde tamén houbo teatro, música e poesía nun acto de confraternidade. / G. Núñez

Pasado o mediodía, na Praza do Concello oficiouse o acto de confraternidade con Teatro Aberto, música de harmónica por Xico de Carinho, recitado de poemas por Mónica Camaño, Silda Alfaro e Daniel Costas e concurrida ofrenda floral no monumento á memoria. Xoán Chillón e Camilo Camaño, en nome do colectivo, agradeceron a participación nunha xornada que rematou coa interpretación dos himnos da República e Galicia.

Suscríbete para seguir leyendo