Ana Pontón: “O BNG vai ser esixente cun acordo que sitúa a Galiza na axenda estatal”

A voceira nacional do BNG presentou onte en Bueu a súa biografía, escrita por Suso de Toro | Defende a amnistía como medida “para solucionar problemas de tipo político”

Ana Pontón xunto a Suso de Toro, onte no Centro Social do Mar de Bueu. |   // GONZALO NÚÑEZ

Ana Pontón xunto a Suso de Toro, onte no Centro Social do Mar de Bueu. | // GONZALO NÚÑEZ / César collarte

Coincidindo co primeiro día do debate de investidura de Pedro Sánchez como presidente do goberno, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Bueu para presentar a súa biografía, “Descubrindo Ana Pontón”, escrita por Suso de Toro e presentada no Centro Social do Mar nun acto organizado por Librería Miranda. A líder nacionalista defendeu o respaldo da formación que lidera ó actual presidente en funcións, en base a un pacto que, subliñou, “permite situar a Galiza na axenda do Estado”, ó mesmo tempo que manifestou que o seu partido estará alerta e “seremos esixentes, porque este acordo non é só co BNG, senón con Galiza, e Pedro Sánchez terá que cumplilo”.

Pontón amosouse satisfeita de que o BNG sexa “o gran impulsor desta axenda galega, que inclúe novos descontos nas peaxes da AP-9, máis transferencias que permitan avanzar no autogoberno e poder contar cun ferrocarril do século XXI, un servizo de proximidade”. Nesta liña, afirmou que “é un gran acordo e demostra a utilidade do BNG”, e falando en clave autonómica, “de ter unha presidenta da Xunta que traballe coas mans libres fóra do centralismo. Fai moita falta”. Ademais, criticou ó actual presidente autonómico, Alfonso Rueda, dicindo que este acordo “o deixa moi preocupado, porque queda en evidencia a súa incapacidade. Dende a oposición fixemos máis que el”.

A voceira do BNG non eludiu recoñecer que o obxectivo do seu partido segue sendo “conseguir unha AP-9 galega libre de peaxes”, máis alá das rebaixas acadadas tanto neste acordo como na anterior investidura de xaneiro de 2020. “Tamén hai que ter en conta que para iso sería importante ter máis forza en Madrid”. E insistiu nos avances suscritos a pesar de contar únicamente coa acta de Néstor Rego. “Cun só deputado démoslle un impulso á modernización do ferrocarril e moitas outras cousas. Que conseguiron o resto dos deputados?”, preguntou.

Asistentes onte á presentación da biografía de Ana Pontón en Bueu.

Asistentes onte á presentación da biografía de Ana Pontón en Bueu. / Gonzalo Núñez

En canto á amnistía para os inculpados polo “procés”, Pontón defendeu a súa figura, “recollida excepcionalmente polos países democráticos en todo o noso entorno europeo para solucionar problemas de tipo político. Queremos avanzar nesa dirección”, apuntou, ao mesmo tempo que dixo sentirse sorprendida “por este circo que está xerando crispación, montado polos mesmos que puxeron unha amnistía fiscal, que, esta sí, foi declarada inconstitucional polo Tribunal Constitucional”. Non entrou no contido dun texto que a súa formación aínda está estudando –”Coñecémola o luns”, dixo–, pero avanzou un claro voto favorable da sía formación.

Los tres alcaldes, entre los 115 asistentes al acto

Recoñeceu Ana Pontón as súas dúbidas á hora de aceptar a proposta de ter a súa biografía. “Non tiña claro que fose o momento de facer un libro destas características, tanto pola miña idade como polo feito de que na miña biografía non hai nada excepcional que o xustifique”, afirma. O papel de Suso de Toro foi fundamental para convencer á política galega de avanzar neste proyecto que onte foi presentado en Bueu ante unhas 115 persoas, entre as que estaban as alcaldesas de Moaña e Cangas, Leticia Santos e Araceli Gestido, así como o alcalde de Bueu, Félix Juncal. “Díxome que era importante contar quen era eu, dar a coñecer que son unha persona coma calquera deste país, que vén dunha familia humilde, traballadora, que loitou para mandarme á Universidade”, relatou, ademais de apuntar que “agora son a responsable de liderar a oposición en Galicia, e teño a ilusión por ser a primeira presidenta da historia da Xunta”.

O libro da biografía de Ana Pontón, co público no Centro Social do Mar ao fondo.

O libro da biografía de Ana Pontón, co público no Centro Social do Mar ao fondo. / Gonzalo Núñez

Con todo, matiza que “Descubrindo a Ana Pontón” non é unha biografía ó uso, “senón que narra os últimos anos do proceso no BNG. Primeiro se me da a coñecer a min, pero tamén a nosa proposta política, nun estilo moi característico de Suso de Toro”. A portavoz do BNG apunta asimesmo a importancia de romper coa lonxanía existente entre a clase política e o pobo, “porque a política ten que solucionar os problemas da xente. O libro permitirá ver quen é Ana Pontón máis aló do día a día”.

Suscríbete para seguir leyendo