"Hai moitas Feiras de ciencias e poucas de letras: a espallar tinta!"
Por segundo ano consecutivo, os escolares de Redondela reuníronse para expoñer, recitar e compartir os seus escritos en Lingua Galega
A iniciativa está organizada polo CEIP Plurilingüe de Cedeira e o Concello de Redondela

A Espallar tinta! / Cedida
C. Mañas
Todos eses traballos que se preparan para clase de lingua, esas historias que escribimos para practicar os diferentes tipos de narradores, os diálogos, as poesías... A onde van? Que podemos facer coas obras das que estamos máis orgullosos?
Para que non queden agachadas nos armarios do colexio, o CEIP de Cedeira, promove dende o ano pasado a Feira Literaria “Espallar Tinta”. Faino coa colaboración do Concello de Redondela, co que invitan a todos os centros da localidade.

Algúns dos proxectos. / Cedida
“A idea era difundir a escritura en lingua galega. Pensaba en celebrar un encontro no que participasen centros educativos de Redondela e pouco a pouco invitar a colexios de Vigo e localidades cercanas, reunirnos para ensinar con orgullo todos os traballos que facemos en clase, que teñen que ver coa escritura e que nunca ven a luz” conta Jessica Rodríguez, mestra do CEIP de Cedeira e a “cabeza pensante” detrás do evento, que se celebrou este mes de abril na alameda de Redondela.
Con el buscan facer comunidade, que os nenos e nenas dos distintos centros se coñezan, compa rtan os seus traballos e ensinen o que fan: “Sempre se organizan feiras de ciencia e moi poucas de letras, e en galego menos todavía”.

Lendo o conto colaborativo do CEIP de Cedeira. / Cedida
Na actividade participaron os centros CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas, CEP Plurilingüe Santa Mariña, CEIP de Laredo, CEIP Plurilingüe Quintela, Colexio Vigo, CEIP Plurilingüe da Igrexa-Capela, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, EEI de Ventosela, EEI de San Pedro de Cesantes e loxicamente o CEIP Plurilingüe de Cedeira. Na colaboración co Concello este fíxose cargo dos gastos de transporte para traer ao alumnado, así como da megafonía e as casetas onde se expoñen os traballos.
Vale calqueira tipo de proxecto, sempre que estea relacionado coa escritura en galego: “Cada centro traballou diferentes temas que están estudando nas clases” explica Ana Regueiro, do CEIP de Laredo. “Por exemplo, nós enfocámolo dende o noso proxecto “A rebolos polo mundo” e levamos diferentes retos lingüísticos: visitamos Xapón, así que preparamos haikus en galego; para Arxentina fixemos tiras cómicas de Mafalda; preparamos xeroglíficos con Exipto, enchemos de notas unha cabina londinense...”.
Outros centros presentaron traballos de aula: o Santa Mariña levou unha maleta con xogos do mundo e carteis de “Se busca” con diferentes animais, xa que están a estudar o vocabulario relativo á natureza. O colexio organizador, Cedeira, colocou unha grilanda de adiviñanzas e leron para todos os asistentes un conto colaborativo que prepararon entre todos os alumnos do centro.
Espallar Tinta xa ten as miras postas en 2025, e esperan poder compartilo con moitos máis centros da zona, apúntaste?
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Detenido el capitán de un pesquero gallego por esclavitud a bordo
- El temporal deja ya vientos de casi de 180 km/h, vuelos desviados y más de 600 incidencias en Galicia