Adolescentes de dous anos: Un enfant terrible!

Aínda non suspenden exames nin esconden a cabeza no móbil durante as comidas familiares, pero os "adouslescentes" protagonizan unha das crises emocionais máis famosas da primeira infancia

.

. / E. E.

Cando falamos dun enfant terrible (un "neno terrible" se o traducimos directamente do francés) referímonos a esa mocidade disruptiva (na arte, na cultura ou na moda) polos seus novos enfoques e a súa visión rupturista e pouco tradicional. Calquera pode ser un neno terrible, independentemente da súa idade, se o seu comportamento así o permite.

Pero a expresión é moito máis antiga, e no século XIX utilizábase para definir, precisamente, a eses nenos "difíciles" e incluso "insoportables". Un comportamento que os distinguía dos demáis provocado polo que os psicólogos identifican como "crise dos dous anos": unha primeira adolescencia (chega a chamarse, de forma divertida, adouslescencia), nun momento no que a súa personalidade sufre cambios drásticos, desenvolve a súa individualidade e empeza a ter consciencia de si mesmo, o que - as veces - repercute nunha conduta rebelde, coma dun adolescente.

"É unha idade na que hai un gran desenvolvemento cognitivo e emocional" explica Marina Seijo Sánchez, Psicóloga Experta en Infanto-Juvenil en Centro Suma. "Os nenos empezan a coñecer o mundo e a distinguirse como entes separados do entorno que os rodea, a explirar os límites da súa autonomía. Como o seu desenvolvemento emocional e as súas capacidades comunicativas aínda empezan a desenvolverse, non son capaces de soster a frustración que implican os límites ou non poder satisfacer os seus desexos: básicamente, xa elaboran intereses e desexos e intentan facelos realidade, pero o seu cerebro aínda non desenvolveu as rexións responsables de moderar esas emocións tan intensas, o que desemboca nas temida perrenchas dos dous anos".

"Unha primeira adolescencia, nun momento no que a súa personalidade sufre cambios drásticos, desenvolve a súa individualidade e empeza a ter consciencia de si mesmo"

Cada neno e nena é un mundo, pero segundo apunta a experta, esta fase de rabechas habituais sucede normlamente entre os dous e os catro anos. Mentres, que facemos?

"As veces, enfrentarnos a esas situacións pode resultar un pouco abrumador, pero o noso papel como pais e nais é moi importante. Hai que facerlles entender que as accións teñen consecuencias e que hai alternativas máis axeitadas para comunicarse ou xestionar as emocións" apunta Seijo.

"E tamén primordial mostrar comprensión e validar o que senten, o que non quere dicir deixalos facer o que queiran. Debemos poñer límites claros: reglas claras, explicadas de forma sinxela, que poidan comprender, e fomentar o uso das palabras para expresar sentimentos, en vez de accións máis agresivas".

"Un neno insoportable"

"Un neno insoportable" / E. Elements

7 conductas de adouslescente

Pegar e golpear

Imaxina, non consegue o que quere e a súa forma de mostrar os seus sentimentos é: golpear, morder, patalear… contra os seus pais, profesores ou incluso contra si mesmo ou os seus amigos (morde, empurra... e pode empezar a ter máis conflitos cos compañeiros na escola infantil)

Contestar e protestar

Chega ese temido momento, varios anos antes do esperado. Para reafirmar a súa individualidade e autonomía, rexeitan todas as prospostas que se lle fagan, e contestan o contrario do que se lles pide, exista un motivo ou non

Grito de independencia

“Eu podo, e podo sen axuda!” Neste momento intentan vestirse sós, comer sós, facer todo sós (aínda que para algunhas cousas seguen a precisar acompañamento, por pura loxística). E no momento no que entenden que non son capaces, chega a frustración e con ela o berrinche

Hai diferentes comportamentos nesta lista que definen aos adouslescentes

Hai diferentes comportamentos nesta lista que definen aos adouslescentes / Envato Elements

Só respostas negativas

Unha etapa habitual é a do “non”, que se converte na súa palabra favorita. “Non” a absolutamente todo. Non vou mover de aquí. Non imos marchar da casa. Non imos marchar do parque. Non quero bañarme. Non quero comer. Négase a cousas que ata entón sempre realizaba con normalidade  

Fuxen de ti

Escapan dos seus pais, case coma se lles dera vergoña estar con eles (un dos comportamentos máis adolescentes desta lista). Corren pola rúa intentando perdelos de vista, miran cara outro lado cando estes buscan a súa mirada, e sobre todo non soportan que vaian tras eles

Rabechas en calqueira ocasión

Pataleos, choros, gritos... Incluso aguantar a respiración ata que atendan os seus desexos (son pequenos, pero saben como manexar aos seus pais). Esas son as súas reaccións máis repetidas a non conseguir o que queren, a súa resposta a calquer cousa que altere o que tiña en mente. En definitiva, vólvese totalmente irascible

Non ceden á autoridade

Nesta idade aparece por primeira vez a terquedade. Un momento onde cuestionan a autoridade e obstínanse nos seus “valores”. Un neno “emperador” que non atende ordes, as impón. Co seu crecemento chega a capacidade de facer cousas novas, e non permitirán que ningúen limite estas novas posibilidades vitais