Variación na oferta de prazas, cambios no modelo de exame, demanda desbordante de solicitudes... son as pezas que compoñen as oposicións de Educación para os próximos anos.

Galicia é unha das comunidades con menor tasa de temporalidade do profesorado, e aínda que a cifra de mestres nesta situación chega case ao 10%, a media española sube ata un 25%. Para revertir esta tendencia, a Xunta planea cubrir 4000 prazas de profesor nos próximos dous anos, nunha convocatoria que comeza este verano, combinando concurso de méritos e exames.

Dende o goberno central decretouse un novo modelo de oposición, pero a Xunta non o aplicará nas probas do próximo mes de xuño, onde se ofertarán 2.628 prazas. No caso das 1.280 que sairán a concurso en 2023, os estudantes si se verán obrigados a moverse baixo as novidades.

Por un lado, un novo modelo de exame, consistente no desenvolvemento teórico dun tema, eliminando a parte práctica. Por outro, e coa intención de formalizar a situación dos profesores substitutos, temporais e interinos, reservaránse un número de prazas para aqueles que leven exercendo a profesión dende 2016 (ou antes).

Con todo, os opostitores non tiran a toalla, e os exames de xuño espéranse multitudinarios.

Claro incremento nas solicitudes de praza

En plena crise do mercado laboral, á vocación duns súmaselle a búsqueda de estabilidade vital doutros.

O número de estudantes que, no momento de rematar a súa carreira e independientemente da especialidade, deciden decantarse pola ensinanza vai en aumento. Nos últimos anos acadouse a cifra de case 8 solicitantes por praza ofertada.

En 2014, para unha convocatoria de máis de 100 postos presentáronse preto de 3000 alumnos. Pero no 2019, falabamos xa de case 19.000.

A idea de opositar é cada vez máis habitual, e convértese nunha opción que cobra cada vez máis e máis protagonismo: "Estudar unha oposición é agora unha opción para moitas persoas que están sen traballo. Sobre todo despois da pandemia, que non sabíamos o que podía pasar se non tiñas un traballo fixo", apuntan eles mesmos, como Julia, que se prepara para ensinar idiomas.

E no caso da docencia de Secundaria, o Mestrado en Profesorado é imprescindible para optar a calquer tipo de praza.

Deste xeito, para exercer a docencia en España esíxense dúas probas: por un lado, superar as oposicións que te converten en funcionario e profesor en centros públicos; e por outro, cursar un Máster en Formación de Profesorado, sine qua non para dar clases, independentemente da categoría da institución educativa (un centro privado, concertado, público…).

A demanda para cursar a titulación de Máster en Formación de Profesorado arrasa coas prazas ofertadas nas tres Universidades públicas galegas (algo más de 700), provocando que un 75% de estudantes quede sen matricular. Según un estudo publicado en 2021 pola organización estudiantil Erguer, tres de cada catro estudantes que optan al curso queda fóra da formación pública.

Se falamos de cifras, o caso da USC presenta un desaxuste bastante acusado: de máis de mil solicitantes, o ano pasado só conseguiron praza 261, repartidos entre os campus de Santiago e Lugo. Atopamos datos similares na Universidade de Vigo, con case 1.700 solicitudes para menos de 300 prazas.

Dos tres centros, a Universidade da Coruña é o que presenta unhas cifras máis equilibradas na relación entre oferta e demanda, aínda que as solicitudes duplican as prazas. No curso 2020/21, os alumnos solicitantes chegaban case a 550, mentres que foron admitidos un total de 234. “Teño compañeiros que marcharon pola privada porque non tiñan forma de acceder á pública”, remata Julia, neste sentido.

Unhas prazas axustadas á demanda real de docentes nas aulas galegas

Falamos con Ángela Bugallo, coordinadora docente da Universidade de Coruña, para abordar esta demanda, e confirma que as solicitudes para a titulación foron aumentando co paso do tempo: “Dende a creación do curso na Universidade de A Coruña, o número de preinscricións para o Mestrado en Profesorado foise incrementando cada ano, ata a actualidade”. Estas son as solicitudes, pero unha vez conseguido o título e/ou superada a oposición, hai suficiente demanda de profesores en Galicia? Bugallo asegura que a Universidade pública está coordinada con esta realidade xa que, puntualiza, “o número de prazas para cada Universidade e especialidade establécese dende a Consellería, en función das necesidades de prazas de profesorado estimadas e dun factor de amplificación”.

Durante a crise do coronavirus, algunhas comunidades plantexaron contratar como docentes a profesionais que non realizaron este tipo de estudos, proposta que culminou cun Real Decreto que permitía contratar a profesores sen máster para garantizar os reforzos necesarios neste contexto. A reducción de aforo nas clases, os desdoblamentos e as posibles baixas requerían de máis profesores nas aulas.

A pesar de que isto responde a unha situación excepcional e sen precedentes, a Asociación Sindical Erguer segue a considerar que “semella haber unha desconexión entre o mundo académico e a realidade das necesidades do sector educativo en bacharelato e secundaria en Galicia, xa que este ano as listaxes de Matemáticas e Galego, por exemplo, esgotáronse en varias ocasións e tiveron que abrirse varias veces ao longo do curso”.

O que está claro é que las prazas ofertadas na próxima convocatoria 2022/23 chegan a case 4000. Aínda que entre as reservadas para interinos, concurso de méritos e cátedras de especialidades, o número baixa ata a metade. Por iso, os estudantes que preparan as oposicións enfocan estes exames con ánimo e esforzo. Pase o que pase, eles poden ser os profesores de mañá.

Preguntamos aos protagonistas: opositores, próximos matriculados de Máster, estudantes en prácticas… Como viven eles este “boom”? Son conscientes da gran demanda? E o máis importante, por que queren ser profesores?

“É obvio que por estabilidade, pero vaille doer admilito a máis de un”, conta Julia, de 25 anos, que está preparándose para o exame do día 18: “O mercado laboral esixe 17 anos de experiencia e nós saímos de carreiras onde non sabemos moi ben que nos ensinaron. Coas oposicións non te sintes tan culpable por seguir vivindo cos teus pais, e xusto despois da pandemia, a tranquilidade que da unha praza de funcionaria non a tes noutros traballos”.

Nacho, de 26, estudando o Mestrado de Profesorado, apunta que “teño vocación, pero se non me ofrecese unha estabilidade non o plantexaría”; e Lucas, de 24, móstrase máis optimista: “eu sempre quixen ser profesor, quero vivir da miña vocación”.

Pero el aínda non conseguiu matricularse no máster: “A forma de acceder e os procesos son os correctos, pero penso que as prazas son moi limitadas, é moi inxusto ter que saír de Galiza ou pagar un máster privado para poder facelo”. Como Nacho, que se sincera: “Eu teño a sorte de que os meus pais poden axudarme a pagar o máster pola privada, pero non debería ser así, ten que haber outras opcións”. Julia destaca isto e comenta que ela tivo sorte porque “tiña boa media da carreira, pero a clave foi que o fixen no curso 2018/19, xusto o ano antes do COVID. Coa pandemia, xente que xa tiña outro máster ou outra idea de vida empezou a matricularse, e a nota de corte que no meu ano era un 7, subiu varios puntos. Agora mesmo eu tampouco entraría”.

Sobre o futuro, remata dicindo “se houbese demanda real de profesores, toda a xente que está en listas traballaría. Pero aquí estamos”. Nunha nota positiva, os dous rapaces despídense puntualizando que “sempre farán falla profesores, sempre precisaremos aprender cousas novas".