Calidade no suministro coas máximas garantías
SBC Estaciones de Servicio conta con estacións de servizo en A Estrada, Tui, Cambados, Santiago, Ribeira e Narón, e próximamente abrirá unha nova en Sanxenxo

Panorámica de la estación de servicio, en la salida hacia Santiago / BERNABE/CRIS M.V.
M.G
O prezo do carburante en España non deixa de subir dende hai meses, unha subida que se veu afectada aínda máis pola invasión rusa en Ucraína. Na actualidade estanse a rexistrar cifras históricas nunca antes vistas, cun incremento dun 22 % con respeto ao mes de xaneiro. As gasolineiras low cost son as alternativas para ir levando de mellor xeito este incremento desorbitado dos prezos dos carburantes, e conseguir así un importante aforro a final de mes, sen por elo ter que renunciar á calidade e seguridade dos carburantes. Dende as SBC -que conta con puntos de venda en Tui, Cambados, Santiago, Ribeira, A Coruña, Narón e A Estrada, e próximamente en Sanxenxo- garanten a calidade do combustible suministrado -gasóleo A Admax 300 e gasolina 95 Admax 400-, que teñen a súa orixe na refinería de A Coruña (CLH), con aditivos de máxima calidade. Entre os servizos adicionais que nos podemos atopar en SBC A Estrada están producto AdBlue, persoal cualificado para o suministro de combustible, caixeiro de autopago, pago a través da app SBC Pay, ampla zoa para autolavado con auga quente e aspirado para coches e furgonetas, un moderno túnel de autolavado, lavabos con aseos individuais e acesibles, zoa de vending ou xeo, entre outros.
Ofrece os seus produtos ao prezo máis competitivo do mercado sen renunciar á calidade
Ana García, fundadora e responsable da empresa, aposta dende os seus comezos polo concepto de equipo e compañeirismo. Unha das súas principais apostas é o apoio ao posto de traballo. Cunha firma vocación de orientación de cara ao cliente, o principal obxetivo da firma é a comodidade, a facilidade de suministro e a rapidez, todo elo cun produto con todas as garantías e ao prezo máis competitivo do mercado, tanto para clientes particulares como autónomos. Outro dos estandartes de SBC é o compromiso e a fidelización coa súa clientela. É por elo que, ao longo de todo o ano, poñen en marcha numerosas campañas coas que premian aos seus usuarios agradecendo a súa confianza.
SBC Estaciones de Servicio quere aproveitar a ocasión para felicitar a todos e todas as estradenses nestas festas de San Paio 2022.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- La educación concertada se planta ante la Xunta en Vigo: «Solo la homologación de las condiciones laborales»
- Conciertos gratis en Vigo este fin de semana: la Movida y la música gallega toman el puerto