A COVID-19 impide que non se celebre coma sempre, pero non por elo os galegos deixaremos de festexar o día da nosa patria. Sempre foron xornadas moi festivas, de festas patronais de pequenas aldeas, vilas e grandes cidades que honran ao Apóstolo Santiago, días de reencontros e comidas familiares ou entre amigos. Este ano, como o pasado será diferente, pero o que non faltará a ser a música, con diferentes concertos e actuacións programadas nos diferentes concellos da bisbarra, ao igual que tamén outro tipo de actividades lúdicas e culturais.

  • Carlos Núñez publica el Día de Galicia “A Irmandade das estrelas. 25 años”

    Se celebran 25 años del mítico “A irmandade das estrelas” –su primer disco en solitario y de alcance mundial

En Baiona xa o anunciaran o mes pasado, que unha das dúas semanas máis potentes da súa programación de verán sería a vindeira, “dedicada a nosa terra e a nosa cultura”. O xoves e venres concerto ás 21.00 horas no Parque da Palma, actuarán Tres pesos e Guadi Galego. E o sábado e domingo o escenario elixido será a praza de Santa Liberata, o día 24 ás 21.00 horas actuará a Escola de Danza Vila de Baiona e o grupo de gaitas A Seneira e o domingo, ás 13.15 horas, será a quenda de Ardelume.

Precisamente, Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, ten unha ampla xira este verán por toda a Comunidade, con concertos en moitas das vilas da bisbarra. Así, tras actuar en Tomiño, hoxe farao en Salceda de Caselas e para o 28 de agosto volverá á Guarda, logo de que o outro día realizara unha colaboración co Coro do Conservatorio Municipal, que xurdiu dentro da xira de presentación do seu último disco, “Costuras”

Baixo o nome “Terra… a nosa!” o Concello de Redondela elaborou unha programación específica para estes días. Haberá cine, coa proxección do filme “Cuñados” na Alameda de Castelao, ás 22.30 horas o venres 23, e música da man de Xabier Díaz & Adufeiras e Sés, que actuarán ás 22.00 horas, no Paseo Marítimo de Chapela o sábado e no Campo da Feira o domingo, respectivamente.

E en Soutomaior soará a gaita de Susana Seivane o sábado 24, cando se suba ao escenario no Peirao de Arcade a partir das 22.00 horas; xa na xornada seguinte haberá sesión vermú a cargo de Raúl & Cía, ás 13.00 horas na Alameda Talo Río.

Na praza do Calvario do Rosal tocarán, o sábado Leilía (21.00 horas) e Os Carunchos (23.00 horas) e o domingo 25 haberá teatro infantil cos Ghazafellos (19.00 horas) e música con Do lusco ao fusco (20.00 horas) e coa banda da Agrupación Musical do Rosal (22.00 horas).

Arbo celebrará o seu Festival Folclórico Internacional, será o sábado 24 na Praza do Concello e o mesmo día en Nigrán, Santiago de Parada celebra as súas festas patronais con Proxi como actuación estelar, ás 22.30 horas no torreiro, previamente pola tarde, ás 19.00 horas, haberá un espectáculo infantil “Carusso Carulo. El chef mágico”, e na xornada seguinte concerto da Banda de Música de Belesar, ás 13.00 horas.

  • 25 DE XULLO | E que é para ti Galicia?

    Galicia: a terra do milleiro de emocións

Precisamente Nigrán, será un dos concellos polo que transcorra o Rallye Rías Baixas que se celebra tamén esa fin de semana, con tres tramos o sábado 24 que atravesan os municipios de Nigrán, Gondomar, Salceda de Caselas e Porriño.

Churrasco en Covelo

E como terra onde mellor se come, non a faltar nestes días citas gastronómicas, como é a do churrasco de Covelo. Ante a imposibilidade de celebrara como sempre, esta ano o Concello ideou un novo formato.

Te puede interesar:

Una familia disfrutando del churrasco en Covelo A. Hernández

Así, a festa trasládase do Campo da Feira aos locais de hostalería do municipio, que servirán as mesmas racións e ao mesmo prezo que nas últimas edicións (6 euros). Dende o Concello entregarán de xeito gratuíto aos hostaleiros participantes a mesma cantidade de churrasco de porco, tenreira e criollos para que eles mesmos o preparen e o sirvan para a súa degustación o domingo 25 de xullo, con reserva previa e respectando en todo momento a normativa vixente no sector da hostalería en prevención COVID.