Entrecortiñas, o lugar que se namorou da séptima arte
O novo cineclube da Illa estreouse a pasada fin de semana coa proxección do documental “Aillados”

Un momento do debate posterior sobre o documental “Aillados” do Faiado da memoria. / FDV
O amor polo cinema atópase na base da posta en marcha do proxecto Entrecortiñas, o nome elixido pola súa sonoridade, para o novo cineclube que naceu na Arousa e que fundaron xente que se coñeceu xa dentro doutras asociacións como o Colectivo Polari ou a Escola de Navegación Tradicional. Todos eles pensaban que existía un vacío importante neste eido e prantexáronse enchelo pondo en marcha este proxecto que arrincou o pasado domingo, coa proxección do documental “Aillados”, do Faiado da Memoria.
Esa primeira experiencia foi todo un éxito, xa que no Auditorio municipal reuníronse case un cento de persoas para ver o documental e despois participar no debate posterior sobre o campo de concentración franquista que acolleu outra illa, a de San Simón. A do domingo foi a primeira das moitas actividades, que serán de balde, nas que está traballando o novo colectivo, que contará cuns 25 socios. O seguinte paso terá lugar o víndeiro 25 de abril, coincidindo coa Revolução dos Cravos proxectarase o documental “Linha Vermelha” de José Filipe Costa, que aborda os acontecementos ocorridos naquela xornada de abril de 2024. A proxección tamén incluirá un debate posterior co obxectivo de contextualizar o ocorrido naquela data de 1974 tan preto do territorio galego. Para a proxección deste documental, o cineclube conta coa colaboración do Centro Cultural Camões. O 3 de maio tamén regresarán ao Auditorio, cedido para a actividade polo Concello, para amosar as curtometraxes que participaron no concurso do Festival Palop-TL, todos eles en versión orixinal.
Aínda recén nacidos, o cineclube quere ir pouco a pouco, tentando facer un mínimo de dúas proxección ao mes e, se é posible nun futuro, lanzarse a organizar algunha semana de cine ou algún curso sobre formación audiovisual.
Suscríbete para seguir leyendo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- Indra contratará a 170 personas en Galicia y centrará en Vigo su centro de ingeniería para guerra electrónica
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Papá y mamá te acompañan: Carla Lago se estrena en la Vig-Bay tras perder a sus padres en dos años por inesperadas enfermedades
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo