Música para festexar as Letras Galegas

O Conservatorio Quiroga celebra este mes concertos en familia, duos de bandas ou presentacións

Alberto Vilas e Cristina Suárez.

Alberto Vilas e Cristina Suárez. / FdV

S. R.

O concerto “Retrincos sonoros” na praza Pintor Laxeiro, e o dúo de bandas que se celebra esta tarde na Ferraría a cargo da Banda de Barro e a do Conservatorio Superior de Música Manuel Quiroga inauguraron o programa deseñado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro para festexar o Día das Letras Galegas.

As actuacións continuarán o vindeiro luns, día 12, a partires das 20 horas con “Concertos en familia”, unha proposta na que os alumnos do Conservatorio Manuel Quiroga subirán á escea cos seus pais, nais, tíos... “Todos os músicos da familia xuntos”, lembra o centro docente.

Ao día seguinte celebrarase o Concurso Manuel Quiroga de Música de Cámara, un certame de interpretación para grupos de alumnos, aberto a todos os centros de Galicia. Está programado para as 20 horas no auditorio do Conservatorio.

Éste tambén será escenario do concerto de Foula. O grupo tradicional de música de Tenorio subirá ao escenario para propoñer unha viaxe polas distintas formacións tradicionais.

Colaborará nesta actuación, prevista para o vindeiro día 15 ás 19 horas, o grupo de EAV da profesora Nanette Sánchez.

A seguinte proposta será “Voces galegas”, un concerto de canto de temática galega organizado pola profesora de Canto Cristina Suárez. Terá lugar no auditorio do conservatorio o vindeiro día 16 a partires das 19 horas.

Alberto Vilas e Cristina Suárez presentarán o día 16 o seu último traballo discográfico, “Once cancións e unha danza”

Nesa mesma xornada Alberto Vilas e Cristina Suárez presentarán o seu último traballo discográfico, “Once cancións e unha danza”.

O pianisa e profesor do Conservatorio Manuel Quiroga xunta neste traballo temas populares galegos, como pode ser A Rianxeira, A saia da Carolina ou Catro vellos mariñeiros, así como a Danza das Espadas de Redondela, aos que engadiu partes novas, introduccións, preludios etc. Non se trata de versións senón de composicións novas sobre materiais xa existentes na tradición musical do país.

A presentación celebrarase despois do concerto “Voces galegas”, aproximadamente ás 20 horas.

Finalmente, o Teatro Principal será escenario do espectáculo de causura. Será un recital a cargo dos finalistas do Concurso Manuel Quiroga e durante o mesmo farase entrega dos premios deste primer certame de música de cámara para estudiantes galegos. O recital está programado para o vindeiro día 29 ás 20 horas.

Suscríbete para seguir leyendo