Román Pereiro, académico de honra de Belas Artes

A súa elección susténtase no seu apoio e defensa da arte galego mediante tarefas de crítica, comisariado e coleccionismo

Román Pereiro Alonso.  | // J. LORES

Román Pereiro Alonso. | // J. LORES / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O coleccionista Román Pereiro Alonso resultou elixido Académico Honorario da Real Academia Galega de Belas Artes, trala sesión celebrada o día 25 de febreiro de 2023 e despois da votación regulamentaria.

A súa elección susténtase no seu apoio e defensa da arte e do patrimonio galego, mediante tarefas fundamentalmente de crítica, comisariado e coleccionismo.

Román Pereiro, médico e patólogo de profesión, coleccionista, amante da arte e persoa influínte na arte galega do século XX, reuniu aos artistas do movemento Atlántica e posibilitou que amosaran a súa obra en diversos espazos.

Coleccionista apaixonado, xunto coa súa muller Malena Lepina, foi creador de iniciativas na Finca O Toutizal durante os veráns co nome de Baiona Horizonte Atlántico, que resultaron ser verdadeiros happenings nos que se reunían multitude de figuras do mundo da Arte e nos que se expoñía un artista compartindo os seus traballos cun escritor galego; destes encontros foron editados, ademáis, catálogos e carpetas de obra gráfica con poemas e relatos.

Así mesmo dende a tenda de Aguatinta, dirixida pola súa muller, editáronse pequenos libros de serigrafías de artistas plásticos acompañadas por textos de escritores galegos.