O programa Apego duplicou no pasado ano o número de familias participantes
Case un 7% das cianzas nadas na Boa Vila no 2023 sumaronse ás actividades en galego

Participantes nunha actividade musical dunha edición anterior do programa Apego. / Rafa Vázquez
O programa Apego duplicou no ano 2023 o número de familias que foron partícipes das súas diversas propostas, que contan con unha altísima valoración dos participantes, segundo lembrou na mañá deste luns o concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez.
Case un 7% das crianzas nadas na Boa Vila no pasado ano participaron en Apego.
Este ciclo de actividades abrangueu distintas propostas dirixidas a familias con fillos entre 0 e 6 anos. O programa, lembrou Demetrio Gómez, procura mellorar a transmisión interxeneracional da lingua galega e está elaborado por toda unha rede de conellos distintos, entre os que se incúe Pontevedra. “Ao final, do que se trata é de xerar e crear espacios amábeis para as familias e entre familias, onde as crianzas aprendan a falar galego e sexa a súa primeira lingua, superando prexuízos, participando en actividades e atopando novas ferramentas de todo tipo”, sinalou o concelleiro.
Éste compareceu para achegar diversos datos e información do que foi o programa Apego ao longo do 2023. Entre as conclusións máis destacadas, aparece que un 50.6% das familias inscritas utilizan máis o castelán ou só o castelán á hora de falarlles aos seus nenos, namentres que un 42,16% empregan só o galego.
Un 50.6% das familias inscritas utilizan máis o castelán ou só o castelán á hora de falarlles aos seus nenos, namentres que un 42,16% empregan só o galego
“As familias, e así o transmiten, amosan un interese claro en que as crianzas aprendan a falar galego, e saben que é complexo que un neno aprenda galego na sociedade actual”, destacou Demetrio Gómez.
Apego desenvolveu 37 actividades distintas (11 en primavera, 8 en outono, 16 en ritos e festas, unha festa final e unha formación para docente). O edil destacou un enorme éxito nas propostas estacionais e unha baixada nas adicadas a ritos e festas, un aspecto a mellorar no futuro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Medio centenar de estudiantes inicia sus prácticas de Enfermería en el área sanitaria de Pontevedra
- Una campaña de firmas luchará por un parking gratuito en el Novo Montecelo
- Confirmados los 22 años de cárcel para el asesino de Jéssica Méndez
- El genial caso del aula de los 50 años entre sus alumnos
- El eterno «no dragado» del Lérez cumple sus bodas de plata: «Cualquier día se desborda»
- El Castelao más dulce
- Manuel Ruibal, urólogo: «La telecirugía y la inteligencia artificial son los grandes retos de la cirugía robótica»