Culturgal despide a súa 16 edición tras servir de avance da programación do sector en 2024

Recibiu unhas 9.000 visitas, segundo datos da organización / Na feira presentaronse os filmes aínda sin estrear que marcaran as carteleira do vindeiro ano | Os realizadores de O Corno e Matria dialogaron onte co público

Sesión de maxia, onte, con Joshua Kenneth, do Premio Frakson ao mellor ilusionista de escena de España.

Sesión de maxia, onte, con Joshua Kenneth, do Premio Frakson ao mellor ilusionista de escena de España. / Gustavo Santos

Tras dun intensísimo fin de semana, a 16 edición de Culturgal pechou onte as súas portas despois de recibir arredor de 9.000 visitas, segundo datos da organización, que suliña especialmente a acollida da programación do sábado, no que se multiplicaron os públicos procedentes de toda Galicia, que ateigaron a Feira das Culturas Galegas.

As actividades con máis poder de convocatoria, destacan, foron as musicais. En especial, apuntan a Leilía, que “puxo en pé ao auditorio do Pazo da Cultura, na que foi unha das últimas oportunidades para despedir a mítica banda. Antes do concerto declaraban o orgullo que para elas supón “todo o tempo xuntas” sen terse desviado do seu obxectivo: “recuperar a tradición das aldeas e que todo o mundo coñecese o que era a tradición oral galega”.

Tamén destacou polo seu éxito concerto de Ailá, banda formada ao abeiro da compostelá Casa das Crechas. Os responsables da feira lembran que “puxo a bailar ao público da feira co seu repertorio inspirado no respecto á música patrimonial galega. Muiñeiras, xotas, maneos e pasodobres resoaron no recinto do Pazo da Cultura”.

Por outra banda, Culturgal “converteuse nun fervedoiro de debates e lecturas, non só de autores e autoras galegos”, lembra a organización, que destaca o éxito da visita de Bernardo Atxaga. O escritor acudiu á feira para presentar a tradución ao galego da súa obra Exteriores do paraíso, editada por Kalandraka.

Presentación de Exteriores no paraíso, de Bernardo Atxaga.

Presentación de Exteriores do paraíso, de Bernardo Atxaga. / FdV

“Esta visita reivindica a importancia da tradución no sistema cultural galego, traendo para a nosa lingua obras doutras culturas”, sinalan os responsables de Culturgal. Lembran que o autor compartiu, partindo de detalles sobre o libro, a súa visión sobre a escrita e como as persoas lectoras a transforman: “A imaxinación é o grande aliado do escritor, o texto sen unha persoa que o lea, que o leve á imaxinación, que está chea de imaxes e experiencias, sería un texto moi pobre. Non hai imaxes que poidan competir coas da imaxinación”.

Neste 2023 a feira renovou o seu formato. Máis que plantexarse ser unha revisión da industria no momento, quixo ser un escaparate das novidades das que poderá disfrutar o público no vindeiro ano.

Culturgal “converteuse nun fervedoiro de debates e lecturas, non só de autores e autoras galegos”, lembra a organización, que destaca o éxito da visita de Bernardo Atxaga. O escritor acudiu á feira para presentar a tradución ao galego da súa obra Exteriores do paraíso

Así, os asistentes tiveron oportunidade de coñecer en en exclusiva, por exemplo, avances de seis filmes aínda sen estrear, que marcarán as carteleiras no próximo ano: Filmei paxaros voando (Sétima), Cine Paraíso, Leiro (Noveolas Producións), La Parra (Filmika Galaika), Da túa man para a miña (Miramemira), Aurora (Gaita Filmes) e As neves (Cósmica). Ademais, a feira foi a sala de proxección de Honeymoon, de Enrique Otero.

Onte o público estaba convidado a celebrar os éxitos do noso sétimo arte este ano coas equipas de rodaxe de O Corno e Matria, ambas as dúas finalistas en diferentes categorías dos premios Goya.

Diálogo con Jaione Camborda e Anna Palazón.

Diálogo con Jaione Camborda e Anna Palazón. / Moncho Fuentes.

Os afeccionados ao cinema encheron o Espazo Cine para asistir ao pase de O Corno e ao diálogo coa súa directora, Jaione Camborda, á que acompañou Anna Palazón, a doula que asesorou na documentación desta película premiada no Festival de San Sebastián.

No caso de Matria, participaron na proyección e posterior coloquio o director, Álvaro Gago, Francis, na que está baseada a persoaxe protagonista de Ramona, e as rapazas da conserveira.

Pedro Feijoo foi un dos autores que asinou onte exemplares das súas obras na feira Culturgal.

Pedro Feijoo foi un dos autores que asinou onte exemplares das súas obras na feira Culturgal. / Gustavo Santos

E tras máis de 200 actividades, a feira despediuse con un fin de festa protagonizada pola Orquestra Galega de Liberación.

Suscríbete para seguir leyendo