Culturgal despregará máis de 200 actividades

Estrea o Culturgal expandido, cunha programación en Vigo, e pasa a nomearse Feira das Culturas Galegas

Participantes na anterior edición da feira Culturgal.

Participantes na anterior edición da feira Culturgal. / Rafa Vázquez

A feira Culturgal, o gran escaparate do sector cultural galego, inicia unha nova andaina encabezada polo escritor e axente cultural Camilo Franco, na que despregará máis de 200 actividades. Celebrarase do 1 ao 3 do vindeiro mes de decembro no Pazo da Cultura, a súa sede habitual, á que se sumarán este ano actividades en Vigo fóra das datas oficiais do evento, baixo a denominación de Culturgal Expandido.

As novidades continúan polo nome. Pasa a nomearse Feira das Culturas Galegas. Camilo Franco suliñou a este respecto que, ademáis de destacar a potencia, a enerxía ou a creatividade do sector, “chegou o momento de decir que hai moitas culturas dentro da cultura galega”.

Na súa décimo sexta edición Culturgal “vai intentar non tanto ser una revisión como un adianto do ano seguinte”, sinalou o seu director, un escaparate no que o público vexa canto bo vai haber” na literatura, o cinema, o teatro, a danza ou o videoxogo galego no 2024. Este enfoque responde ao criterio de que “a cultura é para o público, non existirían culturas sin públicos” e a feira proponse “pelexar por esos públicos”.

Con este obxectivo, desplegará máis de 100 actividades no Pazo e os 90 expositores institucionais e privados cos que contará porán en marcha outras 100. Contará con 5 escenarios (literatura, música, escénicas, infantil e arte), nunha edición que tamén se propón ir borrando progresivamente as fronteiras entre xéneros, convencidos os seus responsables de que ao público “interesanlle esos formatos que van mesturando” literatura, música, arte dramático etc.

Contará con un total de 300 convidados, desde artistas a escritores, programadores, ponentes etc. Entre eles, o escritor Bernardo Atxaga, con motivo da edición en galego do libro Exteriores do Paraíso, publicado pola editorial pontevedresa Kalandraka. A maiores, recibirá a literatos galegos como Diego Ameixeiras, Suso de Toro, María Reimóndez, Pedro Feijoo, Xesús Fraga, Elba Pedrosa, Silvia Penas…

Na súa décimo sexta edición Culturgal “vai intentar non tanto ser una revisión como un adianto do ano seguinte”, sinalou o seu novo director, Camilo Franco, un escaparate no que o público vexa canto bo vai haber” na literatura, o cinema, o teatro, a danza ou o videoxogo galego no 2024. Este enfoque responde ao criterio de que “a cultura é para o público, non existirían culturas sin públicos” e a feira proponse “pelexar por esos públicos”

O novo director lembrou que sobre o videoxogo “hai posturas cruzadas” sobre si é cultura, e para o Culturgal sí o é; de xeito que a feira irá “dende o sublime, a poesía, ao entretemento, o videoxogo, si para o público é cultura ten que selo para nós”.

No caso da poesía Camilo Franco referiuse a que o Pazo acollerá “un dos mellores recitáis” do momento, con Yolanda Castaño, Helena de Carlos, María Lado e Oriana Méndez. Doutro lado estarán as competición de videoxogos, e están programados 6 concertos, á cabeza o de Leilía, que “decidiron continuar noutro formato”, lembrou o novo responsable da feira, que destacou que “é un honor acoller a xira de despedida”.

Están programadas máis de 60 firmas de autores e neste 2023 también contará cun “ciclo novedoso coas principais firmas do álbum ilustrado, que van debuxar en vivo, grazas ás pantallas e novas tecnoloxías, como é a súa forma de contar e de facer historias”.

Contará con un total de 300 convidados, desde artistas a escritores, programadores, ponentes etc. Entre eles, o escritor Bernardo Atxaga, con motivo da edición en galego do libro Exteriores do Paraíso, publicado pola editorial pontevedresa Kalandraka. A maiores, recibirá a literatos galegos como Diego Ameixeiras, Suso de Toro, María Reimóndez, Pedro Feijoo, Xesús Fraga, Elba Pedrosa, Silvia Penas…

A cultura é divertida, é para divertirse. “A trascendencia permanece igual dentro da comedia”, lembrou o responsable de Culturgal, que este ano incorpora tamén unha nota simpática: no ascensor María Lado manterá conversas rápidas, como son as conversas de ascensor, cos asistentes á feira. “Vai ser literatura, pero tamén un estudio sociolóxico” do público, sinalou neste punto o director.

Non faltará o espazo infantil cunha programación sin pausas de teatro, animación, cursillos ou servizo de gardería. Pola súa banda, no Espazo Arte cambia o modelo e pasará a contar con otras procedentes de 12 galerías allega, además de contar coa colaboración do CGAC e da Facultade de Belas Artes.

Non faltará o espazo infantil cunha programación sin pausas de teatro, animación, cursillos ou servizo de gardería. Pola súa banda, no Espazo Arte cambia o modelo e pasará a contar con otras procedentes de 12 galerías allega, además de contar coa colaboración do CGAC e da Facultade de Belas Artes.

O Pazo da Cultura acolleu na mañá deste xoves a presentación da feira, na que participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, e o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez.

Sutil incidiu en que a Xunta promoverá directamente 30 actividades “tanto na programación xeral coma no seu estand” e avanzará as programación do 40 aniversario do Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, a Ano das Letras adicado a Luisa Villalta etc. O responsable da Agadic gabou a “nova programación especial” e que ésta poña o foco “no punot de vista do público actual e futuro”.

A cultura é divertida, é para divertirse. “A trascendencia permanece igual dentro da comedia”, lembrou o responsable de Culturgal, que este ano incorpora tamén unha nota simpática: no ascensor María Lado manterá conversas rápidas, como son as conversas de ascensor, cos asistentes á feira. “Vai ser literatura, pero tamén un estudio sociolóxico” do público, sinalou neste punto o director

Pola súa banda, Marta Fernández-Tapias destacou que Culturgal é un fito que amosa “o músculo dun sector trabajallador, innovador” e que este ano exténdese a Vigo, cunha programación fóra das datas oficiais da feira que se celebrarán os vindeiros días 23 e 24.

Demetrio Gómez incidiu en que “Culturgal e Pontevedra compartimos ADN” e a feira é un proxecto “que non se entende sen Pontevedra”. “Estamos encantados”, concluiu, de que a Boa Vila sexa “o principal escaparate da cultura galega”.

Suscríbete para seguir leyendo