Culturgal avanzará esta fin de semana dende o Pazo a programación cultural do ano 2024

As entradas e os bonos rebaixan o seu prezo un 25%

Participantes na anterior edición da feira Culturgal.   | // GUSTAVO SANTOS

Participantes na anterior edición da feira Culturgal. | // GUSTAVO SANTOS / Redacción

Redacción

A programación cultural promovida por empresas, organismos públicos e en xeral axentes do sector para o 2024 será a gran protagonista a nova edición de Culturgal. A Feira das Culturas Galegas, como pasa a nomearse, celebrase no Pazo da Cultura a partires de mañá e ata o domingo.

Despregará máis de 200 actividades e contará con 90 estands institucionais e privados. Entre elas estará o da Deputación, que amosará a súa actividade cultural. Asemade, o Museo exhibirá no Espazo Arte da feira as obras premiadas na última edición de Novos Valores.

Culturgal terá 5 escenarios, apostará forte polos formatos mixtos e contará como un dos seus pratos fortes co concerto de despedida de Leilía. Haberá máis de 60 firmas de autores nunha edición na que as entradas e bonos rebaixan o seu prezo un 25%.

Tracking Pixel Contents