Públicos diversos e expositores con máis vendas

As familias volveron a ser unhas das grandes protagonistas da feira

Arriba, os nenos contaron cunha programación continuada. Esq., lectoras nunha das casetas. | // G.S

Arriba, os nenos contaron cunha programación continuada. Esq., lectoras nunha das casetas. | // G.S / S. R.

S. R.

Un ano máis, o público familiar foi un dos grandes protagonistas de Culturgal e para o que se despregou unha programación continuada de obradoiros, espectáculos musicais, de maxia ou lecturas dramatizadas como a que presentou onte Fervenza, A lago amáis fermosa de todas as lagoas, centrada na concienciación sobre a reciclaxe.

Pola súa banda, na caseta da Xunta programaronse varias sesións de maxia en familia con Joshua Kenneth, gañador neste 2023 do Premio Frakson, galardón que se outorga ao mellor ilusionista de escena de España.

No mesmo espazo tamén se celebraron sesións de contacontos tradicionais para desfrutar con toda a familia a cargo de Atenea García.

Pequefilmes foi outra das propostas da Xunta para os máis novos, neste caso coa proxección de tres curtas gañadoras da edición de este ano do festival de cinema miúdo da Cidade da Cultura.

Máis alá das familias, entre os asistentes “houbo moita diversidade, perfís moi diferentes de públicos, sobre todo entre maiores de 35 anos”, suliña a organización.

Públicos diversos e expositores con máis vendas

Públicos diversos e expositores con máis vendas / S. R.

Culturgal 2023, que estreou dirección a cargo do xornalista e escritor Camilo Franco, fixo unha clara aposta pola poesía e programou para a súa xornada de despedida un recital que protagonizaron Helena de Carlos, Oriana Méndez, Yolanda Castaño e María Lado.

O cómic foi otra das apostas, e o público tivo oportunidade de ver o traballo en directo de destacados ilustradores. Este ciclo, titulado Ilustrando, despediuse onte con sesións protagonizadas por Kiko da Silva, Os Suicidantes e Eli García.

Polo que respecta aos 90 expositores institucionais e privados, engade que “están satisfeitos co cambio de deseño” das casetas e “como a feira recibiu máis xente que no pasado ano as vendas foron mellor”.

Suscríbete para seguir leyendo