“O chan pode romper”, a segunda exposición que une Marín con Estrasburgo a través da arte pictórica

Ingrid Rodewald. |   // FDV

Ingrid Rodewald. | // FDV

Crear pontes entre distintos lugares a través da arte é a base do proxecto Marín-Strasbourg Interchange, unha mostra conxunta comisariada polo pintor marinense Antón Sobral na que se exporán as obras das artistas Ilona Maier, Ingrid Rodewald, Melody Seiwert e Susanne Neiss, e que leva por título “The ground may break off” (“O chan pode romper”). Tal e como explica Antón Sobral, este Intercambio Marín-Estrasburgo forma parte do intercambio cultural entre Galicia e Alsacia. A mostra é a segunda dende que o ano pasado participou en Estrasburgo o artista mariñense Antón Sobral. Se inaugura o venres ás 20.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres.