Colombia, país convidado ao V Congreso de Mediación Lectora do Salón do Libro
Celebrarase o 20 e o 27 de abril no Pazo

Unha imaxe da edición de 2022 do congreso. | // FDV / REDACCIÓN
REDACCIÓN
De novo coincidindo co Salón do Libro celebrarase o Congreso Internacional de Mediación Lectora, que nesta quinta edición levará por título “Libros (tamén) para xogar”. Desenvolverase nas xornadas dos xoves 20 e 27 de abril e 4 de maio no Pazo da Cultura e contará con Colombia como país convidado.
Entre os relatores contará con Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xove 2022 e Ana Garralón, Premio Nacional de Fomento da Lectura e non faltará a intervención en liña de Francesco Tonucci como “principal defensor do xogo na infancia”, lembra a organización.
Logo de varias edicións en formato en Iiña, o congreso recuperará o formato orixinal composto por sesión plenarias seguidas de diferentes obradoiros, co propósito de que as persoas implicadas na mediación poidan enlazar o formativo, o reflexivo e o experimental. “O profesorado demanda moito este formato que lle permite ter coñecementos prácticos de iniciativas de me diación lectora para aplicar ao seu alumnado. A programación é moi variada e moi diversa porque conta a mediación lectora dunha manera moi diversa e desde moitas perspectivas como son o videoxogo, a radio, o teatro, a arte, a narración oral, a poesía, a ilustración”, suliña a organización, que lembra que “buscamos ofrecer unha proposta variada de iniciativas prácticas para que o profesorado e futuro profesorado poidan desenvolver logo nas súas aulas”.
O prazo de inscrición para as 100 prazas dispoñibles ábrese hoxe ás 12.30 horas.
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- «El público gallego nos quiere mucho de toda la vida. Tenemos muchas buenas experiencias ahí en la «terra» y estamos deseando volver»
- «Montando guardia» ante el escenario de D.Valentino en Pontevedra: «Yo llevo aquí desde las nueve»
- Investigados cinco adolescentes de Soutomaior por un incendio forestal en las islas Alvedosas en Vilaboa
- Pontevedra inaugura en septiembre el Centro Maruxa Mallo, blindando el gallego, el lenguaje inclusivo y la creatividad frente a la IA
- Evacuado en helicóptero tras caer en unas rocas de una playa de Marín