¿Violencia machista?

José Angel Graña Graña

O venres estiven no show, do Concello de Cangas, pero non veño a falar deso expresamente.

Aló polas festas do Cristo deste ano, no FARO DE VIGO aparecía unha entrevista co señor Gestido na que dicía o mal que funciona o protocolo con este goberno; que non se lle dixera nada sobor dos actos que se ían a facer nas festas.

Preguntei polo tema, non me custou moito xa que foi á hora de comer, e confirmoume Aurora Prieto que se lle mandara notas a todos, incluida a oposición, aos números que pasaran, co mención doble a Dolores Hermelo (era unha conversación de familia, sen transcendencia).

Parece ser que despois de unha reunión no Concello estando o grupo do PP nunha Hayma, Aurora Prieto acercouse,sola, a ese grupo para preguntar o porque dixeran que non se lles avisara, para saír o señor Sotelo con malos modos dicindo “clas con clas” e outra lindezas, que chegaba a insultos. Mentres os demáis, caladiños coma petos.

Ao enterarme, quixen preguntalo no pleno no apartado de rogos e preguntas, e fíxenno sin nomear a ninguén nin a nivel persoal nin colectivo, so sinalando que actuaran como manada, seguindo ao macho alfa, e non tiven resposta.

Xusto ao día seguinte, na saída da marcha contra a violencia machista, pasou o meu lado a señora Dolores Hermelo e preguntoume por quen ía a pregunta do día anterior no pleno; dixenlle que polo grupo seu, o PP. O que me contestou é que ela e algún máis recriminaran a Sotelo polo que lle dixera a Aurora; sinalándome ademais que no Concello, o señor Sotelo se transformaba (sic) e que tiveran una confusión nas líneas de teléfono.

Non houbo disculpas, ainda que pensaba que as habería, por parte de Sotelo que ten o teléfono de Aurora de cando a chamou en varias ocasión para que lle “vendera” o seu voto para poder ser alcalde.

Neste derradeiro pleno espereino na entrada para dicirlle que sería bo que lle pedira disculpas a Aurora; púxose coma un tomate e meteuse dentro do salón dicindo “disculpas de qué”, “quien te crees que eres”...

So lle dixen que era un maleducado.

Ademais, demostroume que era o macho ALFA da MANADA; e non é a primeira vez. Despois veu o show.