Bueu celebra con poesía e teatro o Día de Rosalía, que hoxe é festivo local

Miguel Sande presentou o poemario “Brinde e desespero”, gañador do Premio Johan Carballeira

Un momento da presentación de onte do poemario “Brinde e desespero” de Miguel Sande.   | // FDV

Un momento da presentación de onte do poemario “Brinde e desespero” de Miguel Sande. | // FDV / Redacción

Redacción

Hoxe celébrase en Galicia o Día de Rosalía, que coincide coa data de nacemento da poeta. Esta xornada en Bueu será festivo local por acordo plenario xa que este ano a festividade da Virxe do Carme coincide en domingo. Para celebrar esta efeméride desde a Concellería de Cultura organizouse onte unha presentación poética e unha representación teatral.

A primeira cita foi na sala multiusos do Centro Social do Mar, coa presenza de Miguel Sande. O autor acudiu a presentar “Brinde e desespero”, o poemario co que gañou a edición do ano pasado do Premio Johan Carballeira de poesía e que vén de ser publicado por Edicións Xerais.

Despois houbo unha función teatral con Isabel Risco e Fran Rei, que interpretan a Rosalía de Castro e a Eduardo Pondal nunha divertida comedia con música en directo.

Suscríbete para seguir leyendo