Lavadores canta o Nadal con concertos de panxoliñas tradicionais

Organizada pola Irmandade de Festas de Lavadores e por Acopovi, co patrocinio do Concello e a Deputación , a parroquia presenta a proposta cultural “Lavadores canta o Nadal”. A primeira cita terá lugar mañá, ás 19.30 horas, na igrexa de Santa Cristina coas corais “Cantos de liberdade” e “Lembranzas galegas”, para continuar o día 29, tamén ás 19.30 horas, coa coral de “Rivera Atienza” , que interpretará o “Alalá de Damas e Galáns”.