O 20% das edificacións impulsadas pola Xunta usarán madeira para gañar sostenibilidade e valor engadido á industria

“Galicia quere posicionarse nun futuro sector en alza”, asegura o titular de Medio Rural

O cambio precisa silvicultura de frondosas

A arquitecta Cristina Ouzande; a subdirectora de FARO, Irene Bascoy; o conselleiro do Medio Rural, José González e o xerente do Clúster da Madeira, Ricardo González, onte en “Diálogos con FARO”.

A arquitecta Cristina Ouzande; a subdirectora de FARO, Irene Bascoy; o conselleiro do Medio Rural, José González e o xerente do Clúster da Madeira, Ricardo González, onte en “Diálogos con FARO”. / Ricardo Grobas

E. O.

Dúas de cada dez das novas edificacións impulsadas pola Xunta utilizarán madeira estrutural desde o ano 2024. É dicir, para os elementos da cuberta, a placa ou forxado, os muros ou piares, sistemas de compartimentación ou na envolvente das fachadas, recorrerán a este material que, por outra banda, ocupa gran parte da nosa xeografía: ata 1, 5 millóns de hectáreas da comunidade son monte arborado.

O ambicioso proxecto que expón o conselleiro de Medio Rural, José González e que xa foi ratificado no Consello da Xunta, persegue un obxectivo triplo: favorecer a sustentabilidade e reducir as emisións de CO2 ao substituír o formigón por material vexetal; contribuír ao despegue dunha industria de manufacturas de madeira máis elaborada e cunha cadea de valor maior e, de forma paralela, impulsar a silvicultura de especies frondosas –como castaños ou carballos–, que achega á industria un maior valor engadido.

Así o expuso onte o titular autonómico, que conversou en “Diálogos con FARO DE VIGO” xunto co xerente do Clúster da Madeira, Ricardo González e a arquitecta de Ezcurra e Ouzande Arquitectura, Cristina Ouzande. O encontro, que estivo moderado pola subdirectora de FARO, Irene Bascoy, fixo fincapé nas vantaxes económicas, sociais, ambientais e técnicas do emprego da madeira como elemento estrutural. Tampouco é nada novo en Galicia. Só basta botar unha ollada atrás, ás nosas casas tradicionais, para ver como as estruturas internas, desde as vigas ás fiestras, eran de madeira.

Para “impulsar esa demanda”, o conselleiro aludiu a unha liña de axudas para favorecer o emprego de madeira estrutural por empresas e particulares –á que se adicarán 2 millóns de euros en 2024– e a unha guía para que a administración pública incorpore a partir do próximo ano e de xeito gradual ese 20% á obra pública de madeira estrutural.

Iso si, segundo a guía que acaba de lanzar o Consello de la Xunta a estrutura exterior de madeira podería albergar un edificio de ata oito alturas, coincidiu González coa supervisión técnica da arquitecta Cristina Ouzande. “Poderíase empregar a madeira tanto para os seus elementos estruturais como para as envolventes”, completou.

A medida non so ten vantaxes técnicas. “Cada metro cúbico de madeira que empregamos na construción,estamos evitando que se emita á atmosfera entre 1,1 e 3,9 toneladas de CO2”, alegou José González. “Un edificio de madeira é moito máis sostible que un de formigón”, proseguiu, “e Galicia estaría preparada para esa transición”.

O 20% das edificacións impulsadas pola Xunta usarán madeira para gañar sostenibilidade e valor engadido á industria

José González, conselleiro de Medio Rural. / Ricardo Grobas

“Hai decenas de miles de vivendas vacías no rural coa envolvente de pedra, que se poden restaurar con madeira”

José González

— Conselleiro do Medio Rural

González sacou peito coa facturación do sector forestal e da madeira que, con 2.700 millóns de euros, crea 25.000 postos de traballo. Ademais, ata 80.000 galegos e galegas “cortan madeira cada ano cun valor no monte de 300 millóns de euros”, engadiu. “Pretendemos que todo o que saia do monte teña o maior valor engadido posible e que todos os ciclos da madeira se pechen en Galicia”, defendeu o titular autonómico.

A ningún dos presentes se lle escapou que, en función da especie ou os tratamentos silvícolas que se apliquen ás plantacións forestais, estas poden ser máis ou menos rendibles. “Non é que Galicia teña poucas áreas cubertas de especies frondosas, xa que ocupan 620.000 hectáreas, segundo se coñeceu no último inventario forestal continuo, senón que temos déficil de silvicultura de frondosas, que xa está indicado nos obxectivos do Plan forestal”, explicou González. Por tanto, un uso de valorización das frondosas –tanto carballo como castiñeiro– é precisamente a materia prima para a construción.

Xunto co xerente do Clúster da Madeira, Ricardo González, o conselleiro coincidiu nun aspecto diferencial: o valor dun metro cúbico de madeira que se emprega para a leña ou para a fabricación de palets ou caixas de froita, ou para facer barricas para viño, pode variar de 20 euros a uns 500 euros. Cos datos na man, os metros cúbicos de táboa producidos en Galicia ascenden a uns 788.000 anuais, e só o 6% tivo un destino para construción e principalmente foi destinada para produtos de baixo valor (como encofrados)

“Por cada metro cúbico de madeira que se emprega na construcción,evitamos emitir á atmosfera ata 3,9 toneladas de CO2”

José González

— Conselleiro do Medio Rural

“No monte, se non hai rendibilidade, hai abandono ou lumes forestais. Por si só, o monte non se sostén”, exemplificou José González. “A madeira técnica usada na construción podar chegar a triplicar ou valor doutros produtos dá industria forestal”.

Por iso é polo que un monte ben xestionado pode dar unha madeira de maior calidade que, á súa vez, sexa capaz de fornecer a unha industria madeireira que ha de dar servizo a outros sectores como o da construción. Dese modo, a produción de madeira técnica en factorías da comunidade a partir de árbores que crecen en territorio galego pode chegar a triplicar a rendibilidade das plantacións dos propietarios do monte. O ano pasado, segundo os datos que manexa Medio Rural, o volume de curtas rexistrado en Galicia representou o 54% do conxunto do Estado, mentres que se aproveitan cada ano 10 millóns de metros cúbicos de madeira en Galicia, que son a metade da produción total en España.

O compromiso de sustentabilidade e de introdución da madeira na construción esixe, do mesmo xeito, “moita pedagoxía” para trasladar as vantaxes ó sector. Ademais do exemplo do Sergas, que avanzou na madeira estructural na construción de centros de saúde como o da Laracha ou o de O Porriño, o centro de loita contra incendios forestais en Toén (Ourense) e no servizo de prevención de incendios.

“Temos un déficit de frondosas, pero xa está nos obxectivos do Plan forestal”

José González

— Conselleiro do Medio Rural

O sobrecoste máximo con respecto a construír en formigón está cuantificado en so un 7%, pero a ganacia en termos de sustentabilidade podería compensar esa inversión. Do mesmo xeito, a madeira axuda a manter a temperatura normal pola súa baixa condutividade térmica, e ten a mesma durabilidade que outros materiais construtivos, e ao ser lixeira compórtase ben en caso de terremotos. Ademais, os prazos de construción acúrtanse. “Galicia quere posicionarse nun sector, o da madeira, que a futuro será un sector en alza na sustentabilidade; debemos coller esa bandeira por ser o máis sostibles posibles e, tamén, por favorecer ese valor engadido ós montes galegos”, engade o titular autonómico.

“Hai recursos, hai industria e tamén profesionais: se todos os puntos se alinean, Galicia será líder.”

Ricardo González

— Xerente do Clúster da Madeira

“É moi importante xerar unha cadea de valor vencellada á construción”

Ricardo González, xerente do Clúster da Madeira / Ricardo Grobas

[object Object][object Object]

¿Está preparado o sector para un aumento na demanda deste tipo de madeira para a construción? Esa foi unha das cuestións chave que conta cunha afirmación como resposta: “Hai varias empresas que levan anos traballando no proceso construtivo e aserradeiros que xa cortan elementos de carballos e outras frondosas”, razoa o xerente do Clúster da Madeira, Ricardo González. A madeira contralaminada si é –asegura– un producto innovador e no que só están especializadas dúas fábricas en Galicia. En Galicia (Xilonor) e no País Vasco (Egoin) posúen actualmente os dous centros de maior produción de CLT en España. “Hai texido industrial para desenvolver, pero ten que ir aliñado co recurso”, reflexiona. “Se somos capaces de desenvolver produtos de valor, iso terá una repercusión na capitalización do monte”. Un círculo que se debuxa , tamén, no plan estratéxico. Países como Alemaña, Francia, Finlandia, Noruega, Eslovenia ou República Checa xa nos levan a dianteira no uso da madeira en edificacións públicas. “Levan 30 anos de vantaxe”, asegura Ricardo González.

“Hai grandes eivas. No ámbito industrial hai moito que mellorar para que nos poñamos a ese nivel: máis aserradeiros se teñen que aliñar nesta liña de negocio... Non digo que ese sexa o camiño, pero quizais sexa un dos camiños posibles, porque terá un alto valor engadido”, comenta. E despois, “é moi importante xerar un ecosistema de empresas que saiban calcular a madeira e una cadea de valor vencellada á construción industrializada, porque é un cambio de paradigma”, resume o xerente do Clúster.

Tamén, valorizar as frondosas que temos en Galicia para que podan converterse en exemplares aptos para a industria. “Noutros países hai unha aposta clara de silvicultura de frondosas”, explicou Ricardo González en relación a unha tradición –a dos castiñeiros para madeira– que si existe en países veciños como Francia, tanto para fabricar barricas de viño como para elementos constructivos de alto valor. Aí saiu a colación unha anécdota pouco coñecida pero quizais, imposible de exportar a Galicia. Tralo incendio da catedral de Notre Dame, en pleno corazón de París, as autoridades asistiron a unha tala de oito carballos centenarios para converterse nos novos piares do templo, ó que seguiría a tala de outros centos de exemplares, para reconstruir o emblemático monumento.

É unha aposta de futuro importante, sostén. “Hai recurso, hai industria, hai profesionais. So habería que fortalecer unha cadea de valor para un novo paradigma de construír. Pero se todos eses puntos se aliñan, Galicia será líder”, conclúe González.

“Hai madeira máis resistente contra o lume que o aceiro”

“Hai madeira máis resistente contra o lume que o aceiro”

Cristina Ouzante / Ricardo Grobas

Dous hándicaps que, a priori, podería ter o uso da madeira nun país como Galicia; tanto por ter unha grande oscilación térmica nalgunhas provincias con temperaturas extremas, e tamén, porque sofre tradicionalmente lumes forestais, quedaron aclarados pola arquitecta galega Cristina Ouzante. “A madeira ten máis resistencia ó lume do que a xente cre”, asegura. “Nas frondosas, o durame interior non adoita queimarse”, defende. “Amósase máis resistente ca unha estrutura metálica ante un incendio”, engade, “xa que cando chega a unha temperatura de fusión, o aceiro colapsa, directamente”. É importante para a experta a ventilación interior para conservala e, para os exteriores, escoller “madeira termotratada, “que non ten límite de durabilidad”.

No currículo do estudio no que traballa a arquitecta Cristina Ouzante hai un edificio sinalado, feito so en madeira: trátase do centro de urxencias da Laracha, na Coruña. Obra de Ezcurra e Ouzande Arquitectas que se constitúe como exemplo da defensa dos valores sostibles, así como a súa integración coa contorna e o emprego de materiais naturais na arquitectura. Neste caso, os beneficios reportan nunha obra sanitaria, que de xeito pioneiro encargou a administración sanitaria. Un fito construtivo representa o exterior, co que a experta exemplifica a facilidade da montaxe: “O encaixe levou so 18 días... e chovendo”, indica. Como anécdota desa sensación envolvente de confort que transmite a madeira, Cristina lembra a unha paciente que, recén chegada ó espazo preguntou a unha enfermeira: “Pero, esto que é? Un spa?”

“Ademais de ser más sostibles, os edificios en madeira teñenun impacto positivonos usuarios”

Cristina Ouzande

— Arquitecta

Asegura Ouzande que comezou a comprender a importancia construtiva da madeira en Galicia tras estrearse no mundo da rehabilitación. A madeira é todo como material: nas casas galegas tradicionais había trabes, pontóns, o chan... ata os tabiques tradicionais de barro que teñen un acabado de morteiro de cal, no interior son táboas e listóns de madeira”, expresa. E construtivamente, segundo a técnica, “é doado de entender como funcionan constructivamente porque se ensamblan como pezas”. Segundo Ouzande, esta característica “facilita a montaxe en edificios medianos ou pequenos”. Iso si, precisa de coñecementos específicos.

“Ademais de supoñer unha aposta medioambiental que sempre nos interesou”, indica a arquitecta, “é unha aposta economicamente sostible”. A experta engade outra variable ás construcións de madeira, “teñen un impacto positivo nos seus usuarios”.