Celebración do centenario da creación do SEG

Unha ocasión excelente para facer un repaso da súa transcendencia no panorama cultural de Galicia

Cantigas de Reis e Panxoliñas recollidas do arquivo persoal de Vicente Risco.

Cantigas de Reis e Panxoliñas recollidas do arquivo persoal de Vicente Risco. / FARO

Cecilia Doporto

A celebración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) este ano foi unha excelente ocasión para facer un repaso da súa transcendencia no panorama Cultural de Galicia a comezos do pasado século. A pesares de que a duración foi corta, en canto a tempo de duración (13 anos), deixou unha gran pegada no coñecemento da nosa terra. Trataron temas xa tradicionais de Arte, Historia e Arqueoloxía, e sumaron o interese polas ciencias aplicadas, as ciencias xurídicas e económicas, a xeoquímica e tentaron de facer unha moderna pedagoxía que acadara mellores resultados en canto a ensinanza.

A súa formación foi produto de un grupo de mozos universitarios que apoiados por algúns mestres que, con gran entusiasmo, marcaron unha nova maneira de investigar, organizando xeiras en diferentes comarcas galegas. A comarca de Deza foi unha desas comarcas elixidas para inventariar e catalogar toda a súa riqueza patrimonial material e inmaterial.

É evidente que a figura do científico Aller Ulloa foi decisiva para que escolleran esta comarca para ser investigada desde o ano 1928 ata o ano 1935 (exceptuando o ano 29 que fixeron a xeira de Melide); o matemático lalinense chegou a ser socio numerario, activo e protector do Seminario. Outras figuras decisiva foron Cabeza de León e Taboada Roca, vinculados a esta comarca con familiares e casas solariegas no Concello de Agolada e Vila de Cruces. No eido das ciencias tiveron especial relevancia os traballos de Iglesias, Parga Pondal e Aller Ulloa con temas de astronomía. Este último deixou 4 artigos publicados e un libro titulado: Astronomía a ollo ceibe, xa no prelo.

Cantigas de Reis e Panxoliñas recollidas do arquivo persoal de Vicente Risco.

Cantigas de Reis e Panxoliñas recollidas do arquivo persoal de Vicente Risco. / FARO

Os membros do SEG crearon un sistema de investigación innovador e xenuíno que denominaron “xeiras”. As seccións do Seminario acordaban estudar unha comarca ou concello e todos os membros dispoñibles viaxaron durante aproximadamente unha semana para traballar directamente e ao mesmo tempo sobre o terreo, co obxectivo de aplicar un enfoque integral cunha perspectiva interdisciplinaria.

Dado que estamos rematando o ano, queremos render homenaxe a outros socios do SEG que deixou recollido máis de cento cincuenta refráns nas parroquias de Lebozán, Barcia, Soutolongo, Vilatuxe, Lalín, Goiás... Tamén recolleu cántigas de reis e cántigas para pedir o aguinaldo, propias do Nadal. Este destacado membro é Vicente Martínez Risco y Agüero (Ourense, 1 de outubro de 1884-Orense, 30 de abril de 1963), que foi escritor, político e ensaísta español de ideoloxía galeguista e tradicionalista, membro da xeración Nós. Unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega e que recolleu temas de etnografía especialmente sobre relixión, idades da vida, literatura, artes plasticas, música e danza, e sobre as festas do ano (procesións, as panxoliñas, o aguinaldo, os reis...).

Na Fundación Vicente Risco quedaron apuntes manuscritos por este membro do seminario, director da sección de Etnografía e folclore, recollidas nas xeiras da comarca de Deza, que damos a coñecer e animamos a xente a que siga coa tradición de pedir o aguinaldo ou cantar os reis.

Agradecemos á Fundación Vicente Risco, en especial ao secretario Xosé Rodríguez Díaz que nos facilitou a documentación recollida por Vicente Risco nas xeiras levadas a cabo na comarca de Deza.