Un segundo fogar para ‘aupar’ a súa individualidade

A conciencia da importancia dos primeiros anos é o motor da escola Eduardo Pondal 

Xogos,  comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias.

Xogos, comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias. / Faro

Situada nunha contorna natural privilexiada, a escola infantil Eduardo Pondal ofrece ao seu alumnado a oportunidade de crecer e desenvolver as súas capacidades nun ambiente afectuoso, acolledor e seguro, á vez que estimulante.

A conciencia da importancia dos primeiros anos da vida como base emocional e intelectual das persoas é o motor que impulsa ao centro a investigar, formarse e reflexionar. Inspíranse en diversas correntes pedagóxicas como Montessori, Waldorf, Picker... Pero é o diálogo constante coas familias o que vai perfilando a esencia do colexio, onde consideran de maior importancia axustarse aos ritmos e ás características que fan de cada un dos seus alumnos e alumnas un ser único merecedor de un espazo que aprecie a súa individualidade.

Xogos,  comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias.

Xogos, comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias. / Faro

Coidan a comida, cociñada con tradición polo seu equipo de cociñeiras, e a hixiene, axudando a lavar os dentes, ir ao baño, recoller os espazos... Acompañan os procesos físicos dun xeito respectuoso, co obxectivo de que, aos pouquiños, alcancen o maior nivel de autonomía posible. Incluso poden chegar a cociñar, xa que lles ofrecen o módulo de Mini Chef! 

Saben que o contacto coa Natureza e o aire libre son sinónimos de benestar, polo que procuran que o alumnado desfrute do seu xardín, vaian a dar un paseo, a correr, a coller follas... Serán eles e elas quen traballen na horta, e gran parte dos materiais que usen nos seus traballos e creacións teñen orixe natural. Como Colexio integrado na Rede de Escolas Unesco, o coidado do medio ambiente é unha pedra angular da súa filosofía, polo que tamén usan produtos que acabarían no lixo para os traballos.Aproveitan a tendencia innata á experimentación para fomentar o pensamento científico, co módulo de STEAM, onde os nenos e nenas comezan a trastear coa robótica e as ciencias.

Xogos,  comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias.

Xogos, comunicación, natureza... Na escola Eduardo Pondal queren ser un segundo fogar e saben que iso sería imposible sen a a presenza das familias. / Faro

Nesta etapa na que florece a comunicación, prestan especial atención ao desenvolvemento da fala e da competencia lingüística. Queren que o seu alumnado se senta escoitado, e que poidan expresar os seus sentimentos e necesidades. Teñen un servizo de atención psicopedagóxica pendente en todo momento de cuestións relacionadas coa adquisición da linguaxe oral, entre outros, para proveer dunha atención temperá en caso de ser preciso. A biblioteca, integrada na rede de bibliotecas escolares da Xunta, conta cun sinfín de contos e xogos para facerlles chegar a maxia da palabra. E non so falan en galego ou castelán! Todos e todas aprendemos a falar (e cantar) en lingua de signos, e o inglés tamén é parte da rutina. 

Falamos de xogos, de comunicación, de natureza... sen esquecer que o primeiro referente nesta etapa son as familias. Queren que o sea colexio sexa un segundo fogar, pero iso sería imposible sen a súa presenza... E do mesmo xeito que os irmás maiores enriquecen a vida dos e das pequenas, o seus pequenos conviven co alumnado de etapas superiores, que o acompaña, o coida e axuda.