Pedro Feijoo abre mañá en Gondomar a Semana do Libro

O escritor Pedro Feijoo nunha firma de libros.

O escritor Pedro Feijoo nunha firma de libros. / Ricardo Grobas

R.V.

A Semana do Libro e da Lectura comeza mañá xoves en Gondomar cunha sesión especial do clube de lectura Sete Vidas ás 20.00 na biblioteca coa presenza de Pedro Feijoo, autor de “Ninguén contará a verdade”, Premio Xerais de Novela 2023. O acto central da programación, o XVII Dar de ler coma quen dá de beber, terá lugar o domingo, día 21, na cafeteria Keik, con lecturas en voz alta.

O luns 22 actuará Brais das Hortas na praza Rosalía de Castro ás 18.00. O mércores 24 organizarase un “Menú de contos” para nenos de 3 a 11 anos na Casa da Lectura ás 18.00. O sábado 27 levarase un contacontos ao local do movemento veciñal A Nosa Escola de San Cibrán ás 17.00.