A campaña do choco de Redondela deste ano trouxo consigo unha importante novidade. A pesar de que, como indica o patrón maior da Confraría de Pescadores San Juan, Xoel Schwarz , “nos primeiros meses, febreiro e marzo, a abundante choiva e tanta auga doce fixo que non entrase tanto choco a desovar”, coa introdución da etiqueta “Choco de Redondela” refórzase a imaxe de marca deste molusco cefalópodo, reivindicando a súa gran calidade con novo distintivo.

A través dun código QR na etiqueta coñeceremos a data de extracción e o barco que o capturou

“Etiquetamos choco individualmente, un a un, para garantir a trazabilidade e que non haxa dúbida de que o produto é saído da enseada de San Simón. Na etiqueta están todos os distintivos, o logotipo da marca Choco de Redondela, Pesca de Rías, Pesca en Verde e ademais inclúe un código QR a través do cal un pode coñecer a data de extracción e o barco que o pescou”, explica o patrón maior.

Etiqueta de calidade de Choco de Redondela

Agora o choco xa non se leva a poxa na lonxa e só é posible adquirilo mediante venda directa. Deste xeito o que se intenta é “frear a mala práctica que podía haber, de que a xente mercaba choco de fóra e lle dicían que era choco de Redondela, por iso suprimimos a subasta e levamos así nós o control da marca do Choco de Redondela”. 

La cofradía de Redondela inicia la venta directa al consumidor de pescado y marisco

La cofradía de Redondela inicia la venta directa al consumidor de pescado y marisco Antonio Pinacho

Sabor, orixe e tradición

Sabor, orixe e tradición únense baixo a marca de calidade “Choco de Redondela”.

Existen dous factores que fan único ao Choco de Redondela. O seu hábitat, a enseada de San Simón, un espazo protexido Rede Natura 2000, onde se lle da prioridade á conservación de hábitats naturais e especies de interese comunitario dentro da Comunidade Europea. Os chocos viven xeralmente en fondos de area e lodos, con vexetación mariña en zonas próximas á costa. Nesta enseada conflúen augas salgadas e doces, grazas á desembocadura dos ríos Verdugo e Alvedosa, creando un ecosistema único onde atopan as mellores condicións para a súa reprodución e desenvolvemento.

  • Redondela exalta desde este viernes su producto estrella
    Pistoletazo de salida a las Jornadas Gastronómicas del Choco, que esperan servir de revulsivo para la hostelería de la villa

E na mesma liña atópase a dedicación dos pescadores locais e as técnicas artesanais que empregan para a súa captura (trasmallos, nasas e bou de man), defendendo unha pesca sostible e respectuosa coa contorna e co medio.

Mariñeiro capturando choco con nasas D. P.

“Con este distintivo, queremos reivindicar o valor do Choco de Redondela, un produto tenro, brandiño, saboroso, exquisito e de gran calidade grazas á mestura de auga salgada e doce da enseada de San Simón e a dedicación e o cariño dos pescadores locais"

Xoel Schwarz - Patrón maior da Confraría de Pescadores San Juan

Dende a súa fundación en 1944, a Confraría de Pescadores especializouse na pesca deste exquisito molusco cefalópodo, que agora loce acompañado da súa etiqueta, distintivo de calidade, a través da cal o consumidor o pode recoñecer.

Un atractivo turístico

Seguro que somos moitos os que xa temos probado máis dunha vez o choco, sen embargo han ser poucos os que coñecen todo o proceso previo antes de que este chegue á mesa. Precisamente para amosar ese labor, de máis de tres séculos de antigüidade na vila dos viadutos, así como a captura doutros peixes, moluscos e mariscos, foi co obxectivo co que naceu Amarturmar (Asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes).

O colectivo leva xa dous anos poñendo en valor a cultura mariñeira, organizando rutas para que o cidadán de a pé coñeza e observe de primeira a actividade pesqueira, dende o proceso de extracción e captura ata a súa comercialización na lonxa, para o cal os visitantes acompañan en todo momento aos profesionais do sector que están faenando para ver como traballan

A ruta do choco limítase de febreiro a xuño, que é o momento de permiso de extracción empregando os trasmallos e as nasas; á cal ten continuidade logo nos meses de verán coa ruta do xeito (sardiña).

Na ruta do choco explícase como se elaborou o bosque mariño para a obtención de proxenitores e experiméntase como se cala ou iza as distintas artes de pesca, que neste caso son tres as empregadas: trasmallos, nasas ou bou de man.

Ao precisar dunha embarcación as prazas son limitadas. Dispoñen de dúas lanchas, unha con capacidade para sete persoas e outra de dez, aínda que agora mesmo debido ás restricións por mor da Covid, en ningún caso poden ser grupos de máis de 8.

  • Turistas que aprenden de la ensenada
    Mariscadoras y pescadores de Cesantes divulgan mediante rutas sus oficios y productos