A fan máis veterana de Fillas de Cassandra, a punto de soprar 90 velas
Chámase Rosa García; é tía avoa de María Soa e no arranque en Vigo da xira cantou dende a platea “A rosa roxa” co resto de familiares | No concerto, o grupo pediu: "Abel, lévanos a Castrelos!

Rosa García cumprirá 90 anos en maio. | // M.M. / mar mato

O concerto de Fillas de Cassandra do venres á noite no hall do Auditorio Mar de Vigo -inicio da xira As últimas dionisíacas- foi un directo para gardar no fondo do corazón, con cada detalle da música e escenografía coidados. Houbo ducias de momentos especiais coas participacións de Tanxugueiras, Mondra ou Zetak, pero un por riba de todos revelounos a presenza da fan máis veterana do grupo: Rosa García, quen no vindeiro mes de maio cumprirá 90 anos.
Rosa é tía avoa de María Soa, integrante de Fillas de Cassandra xunto a Sara Faro. Cando o dúo levaba media ducia de temas cantados, arrancou cun tema a capella, “A rosa roxa”, que foi seguido en coro por Rosa García e resto de familiares que se atopaban no concerto nun dos laterais do espazo.

FILLAS DE CASANDRA, na apertura da nova xira en Vigo. / José Lores
Ao remate do directo, García explicou a FARO que “‘A rosa roxa’ é unha canción que aprendimos toda a familia desde meus pais. Levámola cantando toda a vida na casa. Hai moi bos cantantes e músicos na familia ademais dela. O que pasa é que non se dedican profesionalmente”.
A octoxenaria confirmou que participa nun vídeo. “Saio coa avoa de María e a nai de Sara”, comentaba chea de orgullo unha señora á que non se lle botan os anos que ten.Trátase do tema “Tataravoa” na que aparecen as familiares a falar ao final da canción.

FILLAS DE CASANDRA. / José Lores
Na conversa, explicou que o do venres era “a terceira ou cuarta vez” que vía o grupo en directo e que se sentía “feliz”. “Ata as vin en Santiago pero non podo ir moi lonxe. Vou facer 90 anos agora o 22 de maio e ímolo celebrar o 25”, engadiu.
Sobre a historia da canción “A rosa roxa”, María Soa explicaba onte a este diario que é unha habanera “que seguramente chegou por familiares emigrados pero non sabemos moi ben a orixe”.

PÚBLICO ENTREGADO NO CONCERTO DE FILLAS DE CASANDRA DE VIGO. / jOSÉ LORES
Preguntada se tamén lle daba á pandeireta, recoñeceu que non. “Teño unha pena terrible”, confesou.
O concerto tivo outro momento especial cando Fillas lembraron: “Hai dous anos tocamos na Kominsky; hai un na Mondo e agora aquí (Auditorio Mar de Vigo). Abel, lévanos a Castrelos!”.
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- Una plantilla de 70 personas, entre ellos 30 socorristas, se ocupará este verano del parque acuático y complejo de Monterrei
- El Mosquito, el restaurante más antiguo de Vigo que presume de paseo de la fama
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- El Meixoeiro abandona los preparativos para ser unidad de aislamiento de alto riesgo ante la decisión de centralizarlo en el Gómez Ulla de Madrid
- El Gobierno central asegura que en 2030 el 99% de los gallegos estára a menos de una hora en coche de una estación de alta velocidad
- Nueva confirmación internacional para los conciertos de Castrelos: Molotov actuará este verano en el auditorio vigués
- Así se transformará el histórico edificio Torre de Cristal en pleno centro de Vigo: pisos de lujo y la obligación de conservar su «pintoresca» fachada
