Iria Aldegunde adapta o clásico “Memorias dun neno labrego” nunha novela gráfica
“Quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, dixo a ilustradora na presentación do libro editado por Galaxia

Copa da novela gráfica 'Memorias dun neno labrego' / Galaxia
REDACCIÓN
A Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia presentaron onte en Santiago a primeira adaptación da novela gráfica do clásico de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego, un traballo realizado pola ilustradora Iria Aldegunde.
A obra, publicada dentro da colección Novela Gráfica de Galaxia, supón, segundo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, “unha ponte” entre os lectores que creceron con este clásico da literatura galega e os máis novos de hoxe en día, que viven nunha Galicia “moi distinta” á que se describe na obra de Neira Vilas.
Aldegunde subliña que leu Memorias dun neno labrego con once anos e que volveuno a ler un pouco máis adiante; pese a que cobrou “un novo significado” cando volveu a el con 20 anos. “Quería poder representar esa alegría e emoción que sentín cando o lin”, di a ilustradora, que asegura que o maior reto ó que se enfrontou foi a idea de adaptar “un grande clásico”.
“Non quería decepcionar a ninguén. Quería que isto fora a imaxe daquel mundo, que puideran trasladarse a aquela época”, engade.
A ilustradora explicou que puxo especial atención ós espazos e ó contorno das aldeas antigas, porque na obra orixina ese aspecto “non se explora tanto”, xa que se trata dun libro máis reflexivo. “Nesta nova visión quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, dixo.
Toda Galicia, identificada con Balbino
Pola súa parte, Valentín García celebrou que se puidera poñer “a este galego universal, como é Balbino, ó alcance de novos públicos, especialmente dos máis xoves”.
“Neira Vilas conseguiu que toda Galicia se identificar con este neno”, salientou o representante da Xunta, quen recordou tamén que o autor foi “o primeiro gran escritor da literatura galega que foi labrego de verdade”.
Na presentación tamén participaron o presidente de la Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, que subliñou que esta publicación supón “un paso adiante” porque Memorias dun neno labrego entra “noutra dimensión” coa súa adaptación a novela gráfica. “Pon en imaxes aquilo que todos como lectores tiñamos na cabeza”.
Durante o acto presentouse tamén a obra A Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra
