Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, estivo a cargo da glosa sobre o escritor e valorou que este recoñecemento é "estrictamente xusto".

"Como poeta, desde 'Voce na néboa' en 1957, é dicir, hai sesenta anos, publicou sete poemarios entre os que destaca 'Con pólvora e magnolias', considerado un dos alicerces da poesía galega contemporánea; ou 'Estirpe', de 1994, onde aparecen algúns dos seus versos vigueses máis vibrantes", destacou Bragado.

"Percival e outras historias", a súa primeira publicación de narrativa, cumple sesenta anos este 2018. "Este libro de relatos inicia una obra narrativa na que sería difícil salientar uns títulos, pero sen dúbida 'Crónica de nós' (1980), 'Arraianos' (1991) ou a súa novela máis recente, 'No ventre do silencio' (1999), que foi premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa son referentes na narrativa galega do noso tempo", asegurou o editor.

Como xornalista, Ferrín leva colaborando coa prensa máis de medio século e o editor salientou a "singular importancia" dos seus textos xornalísticos. "Os seus artigos son mostra da súa erudición inacabable", afirmou Bragado, quen resaltou a colaboración semanal do escritor no FARO e particularmente os seus textos publicados no suplemento EL SÁBADO.

A obra de Ferrín está traducida ao inglés, o castelán, o eúscaro, o italiano ou o catalán. Bragado sinalou a importancia de traducir a obra do galego a outros idiomas e pediu un esfrozo aínda máis intenso por parte das institucións culturais para seguir proxectando os seus textos a outras linguas.