Un total de 77 obras de poesía participan no Concurso de Poesía de O Concello polo Día das Letras Galegas

Un total de 77 obras de poesía participan no XXIII Concurso de Poesía polo Día das Letras Galegas, organizado polo Concello de Marín. Está premiado con mil euros e os galardóns serán entregados o 17 de Maio no acto institucional polo Día das Letras Galegas, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín ás 12.00 horas. A reunión do xurado, composto por Lara Dopazo, Susana Pedreira, Tamara Andrés e Ismael Ramos, celebrarase este venres e o fallo darase a coñecer o 14 de maio.