López destaca o compromiso da Deputación co galego ante Víctor Freixanes e Casalderrey

O titular da entidade provincial mantén un encontro co presidente da Real Academia Galega

Fina Casalderrey, Luis López, Víctor Freixanes e Jorge Cubela.  | // FDV

Fina Casalderrey, Luis López, Víctor Freixanes e Jorge Cubela. | // FDV / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou os lazos que unen ao organismo provincial coa Real Academia Galega nun encontro institucional co presidente Víctor Freixanes; e a tesoureira, Fina Casalderrey. A reunión, a que asistiu tamén o deputado provincial Jorge Cubela, serviu para abordar asuntos de interese mutuo e coñecer os proxectos que a RAG ten en marcha e os seus principais retos de futuro.

Neste sentido, o presidente provincial informou aos dirixentes da Real Academia da vontade de seguir colaborando coa institución; unha senda que ten como obxectivo avanzar na protección e difusión do galego a través do apoio a diferentes proxectos, moitos deles centrados na toponimia e na onomástica, así como a dar a coñecer a obra de autores que destacaron polos seus traballos feitos en galego.

Ao mesmo tempo, o encontro serviu para remarcar a importancia que o goberno da Deputación de Pontevedra lle outorga á normalización lingüística a través de medidas como subvencións a entidades sen ánimo de lucro para promover publicacións en lingua galega.