Sanxenxo fala

O municipio adica o mes de maio ás letras cunha ampla programación cultural con poesía, baile e música

Comisión de Festas da Lanzada.

Comisión de Festas da Lanzada. / FdV

Sanxenxo adica maio ao mes das letras, dentro do programa Sanxenxo Fala, cunha ampla axenda cultural onde a poesía, o baile, a música, o teatro e os contacontos convírtense no epicentro da actividade. O Centro Cultural Deportivo de Sanxenxo abre o programa mañá coa exposición de maios que, ante a previsión de choiva, terá lugar na sede deportiva.

O sábado 4 será o II Encontro Manualidades na Rúa, amenizado por Os Gatiños de Portonovo, de 17.00 a 21.00 horas, na Praza do Mercado que en caso de choiva trasladarase ao Usos Múltiples de Portonovo. O venres, 10 de maio, a compañía Oviravai, levará “O Violín de Luisa” ao Auditorio Emilia Pardo Bazán. A entrada será de balde ata completar aforo.

O sábado 11 e o domingo 12 celebrarase a Lanzada de Maio, na Ermita da Lanzada con dúas xornadas nas que se porá en valor o rito das nove ondas, haberá un mercado artesanal, teatro e música. A actividade organizada polo Concello de Sanxenxo e a Comisión de Festas da Lanzada arrincará cunha inauguración con pregoeira a cabalo e os Airiños, Os Gatiños e Lembranzas.

Ás 12.00 horas, abrirase a exposición de pintura “As dúas portas da Lanzada” de Ana Cancela e a presentación do libro Roteiro do Padre Sarmiento de Marcelino Agís. Ás 12.30 horas terá lugar a loita de época con Ulf Klan. Xa a partir das 14.00 horas haberá xogos populares. Tatana Teatro, a partir das 17.00 horas, realizará un contacontos “O tesouro da Lanzada”. A partir das 17.30, realizarase unha visita guiada teatralizada “O que viu o cormorán” e ás 18.30 horas, haberá unha actuación musical.

A partir das 22.30 realizarase unha representación do Rito das Nove Olas a ás 23.00 horas haberá Cantos de Taberna a cargo dos Firrás. A partir da medianoite, terá lugar a Noite Meiga con queimada. O domingo, 12 de maio, realizarase unha homenaxe a Otilio, gaiteiro do Salnés con actuación de Airiños. Ás 12.00 horas haberá misa e procesión e ás 12.45 cantos de taberna.

O domingo, 12 de maio, celebrarase o VI Concurso de Música Tradicional Soalleira, organizado polo Concello de Sanxenxo e a Asociación Cultural Soalleira de Dorrón. As exhibicións están abertas ao público de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas. O martes, 14, ofrecerase o espectáculo con Sole Felloza, “Contos coas Chaves do Tempo” sobre a autora homenaxeada co gallo das Letras Galegas, Luísa Villalta. Ás 18.30 horas, na Biblioteca de Portonovo, ata completar aforo. O mércores, 15, Baia Fernández, levará a Biblioteca de Sanxenxo, ás 19.30 horas, a actuación “Caracol, cara de col”.

O venres, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase o acto homenaxe a Luísa Villata coa actuación do grupo de corda Dúo Silencio e Abiñadoira na Praza de Pascual Veiga a partir das 12.00 horas. O sábado 18, na Curva de Portonovo, terá lugar o concerto Sons das Tabernas, ás 22.00 horas.

O domingo 19, celebrarase o festival das letras, +Q Cantigas, acto conmemorativo das Letras Galegas no CEIP O Cruceiro de Vilalonga. O luns, 20, a Biblioteca de Vilalonga acollerá Conto Aventuras, a partir das 18.30 horas. O venres 24, Cris de Caldas leva a biblioteca de Portonovo, a actividade “A conta delas”, pensada para público adulto, a partir das 20.00 horas. Nesa mesma xornada, “Pais, fillos e outras bicherías”, espectáculo cómico-musical a cargo de Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Dani Dopazo. A partir das 22.00 horas, no Auditorio Pardo Bazán.