O PSOE denuncia o “veto” do PP a poñentes de “Aquí faltan páxinas”

O grupo do PSOE na Deputación denuncia a “censura” na institución co goberno do PP despois de coñecerse o veto á catro das poñentes do programa de Igualdade “Aquí faltan páxinas”, que elas mesmas denunciaron nas últimas horas A portavoz socialista, Ana Laura Iglesias, mostrou a sua máis condena á “censura dun programa que puxo en marcha o goberno de Carmela Silva para poñer en valor a mulleres magníficas e invisibilizadas da nosa historia e para elo poder contar con expertas sen pedir a ninguén a súa afiliación”.