Un premio para pechar o círculo: viaxar a Namibia

Savia Nova visitará ao seu entrevistado, Rubén Portas, se gaña os “Youtubeiras”

Un fotograma da entrevista de Iván Pérez (dereita) a Rubén Portas.

Un fotograma da entrevista de Iván Pérez (dereita) a Rubén Portas. / Ana López

O proxecto audiovisual Savia Nova (https://www.youtube.com/c/SaviaNova), que amosa as virtudes e problemas do monte galego, é un dos finalistas deste ano dos premios “Youtubeiras”, uns galardóns que teñen como finalidade estimular a creación na canle de Youtube en lingua galega con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na rede.

Posta en marcha en 2018 polo pontevedrés Iván Pérez, Savia Nova ten divulgado interesantes contidos a través da internet, co obxectivo de concienciar no coidado do medio ambiente. A utilización da lingua propia fixo que a iniciativa fora elexida para gañar dous dos galardóns convocados por varias institucións galegas, entre elas o Concello de Pontevedra. Así, compite nas categorías de “Revelación” e “Premio do público”.

Iván Pérez, veciño de Lourizán e ata o ano pasado presidente da Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra, celebra o simple feito de que Savia Nova figure neste listaxe e confesa que o desexo do equipo é poder utilizar o premio conseguido con ambos galardóns para viaxar a Namibia, país no que traballa Rubén Portas, o investigador pontevedrés especializado no estudo dos guepardos e leopardos entrevistado no vídeo de Youtube elixido na categoría do público.

“Se nos saen os dous, reinvertimos todo en ir visitar a Rubén e gravar alí. Sería pechar o ciclo. Sería un soño”

Iván Pérez

— Creador de Savia Nova

“Está moi ben despois de tanto tempo facendo cousas. A todo o mundo lle gusta que valoren o seu traballo e, sobre todo, porque detrás desta convocatoria hai entidades como son universidades e concellos e sempre axuda a que se vexa o teu traballo e o apoien”, asegura a FARO.

Recoñece que “montámonos unha película na cabeza impresionante”, xa que no caso de gañar nas dúas categorías recibirían 1.500 euros (1.000 na de “Revelación” e 500 na de “Público”). “Se nos saen os dous, reinvertimos todo en ir visitar a Rubén e gravar alí. Sería pechar o ciclo. Sería un soño”, adianta.

Hai que lembrar que na primeira das categorías poden optar todas aquelas persoas que non se inscribisen nos “Youtubeiras” nin fosen propostos no Premio do Público en ningunha das edicións anteriores e que presenten unha canle que conteña polo menos un vídeo subido despois do 15 de novembro de 2022.

Pola súa banda, no do público, o premio outorgaráselle ao vídeo máis votado proposto polos espectadores.

[object Object]

Hai que lembrar que Savia Nova naceu pola vinculación de Iván Pérez ao monte e ás comunidades de montes “para intentar concienciar sobre a xestión do territorio, o problema dos incendios...”

“Despois de estar facendo charlas, xurdíu a posibilidad de optar pola forma máis doada de chegar a máis xente, e aí foi cando entrou internet e o audiovisual, que ter permite lanzar unha mensaxe a través das redes sociais para que as persoas a poidan visualizar cando poidan”, explica.

As primeiras entregas as fixo traballando man a man coa produtora audiovisual Trece Amarillo, de Marín, e agora con Breikus, profesional de Ponte Sampaio. Así mesmo, a colaboración coa difusión en redes sociais vén da man de Juan Rogel, un estudante de Comunicación e Marketing.

Ata o momento, os vídeos máis vistos de Savia Nova foron “Incendios en Galicia. Un ano despois do desastre” e “Ence. O futuro de Galicia en xogo”.

Os gañadores dos “Youtubeiras” daranse a coñecer na tradicional gala de entrega que se celebrará o 17 de febreiro no Teatro Principal de Santiago.

Suscríbete para seguir leyendo