Vilaboa expón ao público o proxecto do futuro tanatorio

REDACCIÓN

Tras a negociación do convenio urbanístico entre o Concello de Vilaboa e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Martiño de Vilaboa para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do futuro tanatorio, o Concello somete o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde hoxe para que calquera persoa interesada poida examinar o convenio urbanístico e formular as alegacións que procedan. Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.