Que facer en Culturgal?

Espazo Escénico

Inauguración. A apertura costará cos músicos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Hoxe ás 11.00 horas.

Espazo Escénico

Aniversario do Centro Dramático Galego. Avance das actividades do ano cosas que o CDG celebrará o seu 40 aniversario e do proxecto de monicreques que xirará por toda Galicia en 2024.

Hoxe ás 13.00 horas.

Espazo Arte

Ciclo Ilustrando. O ilustrador Kiko Dasilva comparte o seu proceso creativo debuxando en directo e explicando as diferentes fases do seu traballo.

Ás 17.00 horas.

Espazo Infantil

O desencantamento. Miudinho trae unha narración oral con ambientación sonora que fará as delicias do público familiar, cunha historia chea de feitizos, suspense, tesouros e retos.

Hoxe ás 18.00 horas.

Espazo Cine

O Corno. Proyectarase o filme e haberá un coloquio con asistencia da directora, Jaione Camborda, e a matrona que asistiu na conceptualización do filme.

Hoxe ás 18.30 horas.

Espazo Letras

DES A MAR ultrasónico. Recital poético e musical no que o compositor Álvaro Iglesias recrea en melodías os poemas da escritora e comunicadora Elba Pedrosa.

Hoxe ás 19.00 horas.

Espazo Música

Kennebec. Iria Pinheiro e Mónica de Nut ofrecen un avance musical do seu novo espectáculo poético musical.

Ás 20.00 horas.

Espazo Arte

Presentación das exposicións do Museo centro Gaiás. Tamén dos proxectos Cidades no tempo, Barreiro, Inmanes e Tesouros de Xerusalém.

Mañá ás 12.00 horas.

Espazo Letras

Bernardo Atxaga. O escritor presentará a súa nova obra, Exteriores do Paraíso, nun acto no que tamén participará o xornalista cultural Ramón Rozas.

Mañá ás 19.00 horas.

Auditorio

Concerto de Leilía. Recital na xira de despedida “Anque me vou non me vou”.

Maña ás 21.00 horas. Entradas a venda en cultur.gal a 16 euros e na billeteira a 19 euros.