O Concello de Poio celebrará o Día de Galicia cun acto no lugar de Vilariño

No novo mandato o encontro institucional do 25 de xullo cambiará cada ano de ubicación

REDACCIÓN

O Concello de Poio conmemorará o Día de Galicia cun acto institucional o martes, 25 de xullo. Celebrarase a partir das 20 horas no lugar de Vilariño. O alcalde, Ángel Moldes, indicou que “este 25 de xullo imos celebrar xuntos o que nos une a todos: o orgullo de ser galegos de Poio”.

A “festa de Galicia” cambiará de ubicación cada ano para poñer en valor un lugar “dos moitos que simbolizan a esencia galega do noso concello”. Este ano, o núcleo escollido é Vilariño, “unha xoia do noso patrimonio material e humano que xunta tradición e futuro”, sinalou o rexedor.

Durante o acto intervirán representantes do goberno local, e farase entrega de bandeiras de Galicia ás asociacións de nova creación no Concello e aos particulares e colectivos que o soliciten no correo alcaldia@concellopoio.gal ou a través do teléfono 986 770 001.