Poio abre o prazo para contratar as brigadas contra incendios forestais

REDACCIÓN

O Concello de Poio xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación de persoal para que o municipio conte durante os meses de verán cunha brigada de incendios. O período permanecerá operativo ata a vindeira semana.

A documentación requirida para poder participar no proceso selectivo deberá ser presentada a través da Sede Electrónica. As probas selectivas levaranse a cabo a través de concurso-oposición libre.