A Lama proxecta crear locais comerciais e unha guardería no centro da vila

O espazo para negocios tería 400 m2 e rondaría os 500.000 euros

REDACCIÓN

O Concello da Lama impulsa o proxecto construtivo dun novo edificio que albergará establecementos comerciais no centro da vila. Ademais, pedirá á Consellería de Política Social transformar a parte baixa do edificio que alberga os talleres e o departamento de obras do Concello nunha gardería

A construción deste novo edificio tería un custe aproximado duns 500.000 euros e permitiría dispoñer duns 400 metros cadrados. “Esto permitiríanos manter o mesmo número de prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila, pero coa vantaxe de que estarían a cuberto porque os baixos dese edificio estarían totalmente accesibles para que a xente poida seguir estacionando os seus vehículos”, dixo o alcalde, Jorge Canda.

Polo que respecta á gardaría, Canda indicou que “ubicaríase na parte baixa do edificio que temos na estrada cara a Fraga, onde están agora os talleres dos operarios de obras e mantemento municipais. Pasaríamos todo o que está alí para unha nave no polígono industrial de Racelo e aproveitaríamos todo ese espazo para crear unha gardería